Imprimir

Viernes, 19 de junio de 2020.- Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia

ASEIA tomou a decisión de manter en funcionamento o "Servizo de primeiros auxilios emocionais para adolescentes entre 12 e 18 anos e coidadores de nenas/os de 0 a 11 anos" mentras duren as circunstancias extraordinarias que estamos vivindo derivadas da crise pola pandemia da covid-19, e que están impactando dun xeito moi significativo na infancia e a adolescencia.

Dende o luns 22 de xuño e ata o 1 de setembro manterase a atención telefónica de 17:00 a 19:00 no 622.245.545 Tamén se recollerán demandas por mail en Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. e por whatsapp no teléfono anteriormente indicado ao longo de todo o día.

Este servizo está sendo atendido por profesionais con formación específica en saúde emocional na infancia e a adolescencia dende unha perspectiva transdisciplinar. A atención realízase telefónicamente e é gratuita. O obxectivo deste servizo é dar de maneira puntual cobertura de apoio emocional e orientación psicolóxica, educativa e social a adolescentes e coidadores/as de menores de 11 anos, que se atopen con dificultades de desbordamento emocional derivadas das situación da crise pola pandemia da covid-19, e colaborar cas administracións, institución e entidades competentes na detección de problemáticas e a súa correspondente derivación.

O equipo de traballo seguirá mantendo un sistema de coordinación telemática así como un proceso continuo de supervisión e seguimentos dos casos.

Carta informativa: Servizo_PAE_ASEIA.pdf