Imprimir

BLANCO, L. (Martes, 28 de xullo de 2020). "Verónica Civeira: “Non nos podemos relaxar, o virus segue aquí con nós". La región. Recuperado de https://www.laregion.es/

Os rebrotes que están a aparecer por todo o país poñen en alerta aos sanitarios, que recordan á poboación a importancia de seguir as normas de prevención da covid-19. Verónica Civeiro, enfermeira de saúde comunitaria, pasou de encargarse de levar os talleres de educación sanitaria ou de corodinar proxectos con crónicos, a formar parte do Equipo de Seguimento Compartido de Atención Hospitalaria. Como sanitaria pide responsabilidade, para non ter que dar pasos atrás.

Relaxouse a sociedade coas medidas de prevención?

Vese bastante concienciada á xente, pero é verdade que estamos máis relaxados . Isto é normal, porque non podemos vivir nun nivel de tensión tan alto como o de hai uns meses. Ao non haber tantos casos ao redor, as persoas despistámonos un pouquiño máis polo que volvemos incidir en todas as medidas e incluso extremalas agora.

Os rebrotes son un toque de atención.
En Ourense, de momento, estamos tendo bastante sorte cos positivos que están detectando. No resto de España aparecen eses rebrotes que nos mandan unha mensaxe de que non se poden relaxar as medidas de prevención porque o virus segue aquí con nós. Son unha mensaxe de que temos que extremar precaucións para non volver atrás.

O ocio nocturno e as reunións familiares, son o maior risco de contaxio?
Os mozos estiveron pechados máis de tres meses e agora son os que máis saen e se xuntan. Nas reunións familiares hai contaxiados de todas as idades e, ás veces, pensamos que non nos van infectar. Non podemos sinalar á xente, senón que cada un a título individual asuma a súa responsabilidade dentro disto independentemente dos seus anos.

Como ve o comportamento da mocidade?
Ata agora fixérono ben ao estar na casa, polo que non había moitos novos contaxiados. Neste intres son os que máis saen e poden relaxar máis as medidas, pero iso fano moitas persoas. O que se ve é que pensan en que afecta máis aos maiores e niso intentamos conciencialos, ninguén está a salvo de padecer algunha complicación.

Agosto é un mes de chegada de ourensáns emigrantes, como pode afectar isto?
Hai zonas do rural no que houbo poucos porque a xente maior pechouse na casa. Que agora chegue xente de outros territorios que teñen unhas cifras máis altas, pode aumentar o risco para a poboación e aí xoga o papel da responsabilidade de cada un.

Que deben facer estas persoas?
O primeiro é avisar ao centro de saúde ou ao teléfono 881 00 20 21 para poñer en coñcemento a súa chegada. En función da súa procedencia, tomaranse as medidas pertienentes. Isto é esencial naquelas persoas que veñan de países con altos índices de positivos, sen olvidarse de cumprir con todas as medidas de prevención.