O próximo luns 1 de Abril un grupo de cidadáns, pertencentes a diferentes colectivos, presentarán no Parlamento de Galicia 32.821 sinaturas en apoio á Proposición Non de Lei para o Recoñecemento e Regulación da Figura da Enfermería Escolar en Galicia.

DSC 0334 minA Xunta Electoral procederá á súa verificación, de acordo co establecido na Lei 7/2025, do 7 de Agosto, de Iniciativa Lexislativa Popular e Participación Cidadá no Parlamento de Galicia.

A Proposición Non de Lei conta cos apoios de varios colectivos e asociacións autonómicas: Federación Galega de Diabetes, Unión Galega de Epilepsia, Federación Autismo Galicia, Asociación de Déficit de Atención Hiperactividade e Necesidades específicas de apoio educativo, Asociación Bicos de Papel, Asociacións de Nais e Pais (CONGAPA e CONFAPA), Colexio de Enfermería de A Coruña, Lugo e Ourense, Escolas Católicas e ANPE Galicia. A nivel Estatal conta co apoio da Asociación Madrileña de La Enfermería de Centros Educativos (AMECE), creada no 2009 e que recentemente ampliou o seu alcance ó territorio nacional para defender a necesidade da devandita figura, e de Asociación Catalana de Enfermería y Salud Escolar (ACISE).

A Enfermería Escolar é unha necesidade real da nosa sociedade e un dereito dos nenos, non un privilexio
O actual contexto social e lexislativo xustifica a súa implantación nos centros de Galicia como un servizo que debe estar regulado e normalizado no ámbito escolar. Tal e como se explica na PNL, en Galicia enfermidades coma a Diabetis Mellitus tipo 1 presenta unha incidencia de 17,2 casos/100.000/ano, ao longo de 10 anos diagnosticáronse 559 novos casos de DM tipo 1 en menores de 15 anos, dos cales 330 eran menores de 10 anos. Con respecto ao asma, no 2011 determinouse que a incidencia en nenos de 6-7 anos é do 13,6% e entre adolescentes de 13-14 anos do 12,2%.

Tamén existen outros trastornos que derivan en condutas de risco como é o caso do Autismo ou o Déficit de Atención e Hiperactividade, que afecta ao 5-7% dos nenos en idade escolar, que precisan de actuacións individualizadas, multidisciplinais e ben coordinadas. Ademais, no horario escolar, prodúcense situacións de urxencia asistencial derivadas de accidentes que poden ser potencialmente resoltos por un enfermeiro/a escolar.

As tarefas a desenvolver por un enfermeiro/a escolar non son só unicamente asistenciais ante as alteracións da saúde agudas ou crónicas, senón que tamén realiza labores de Educación Sanitaria, promovendo hábitos saudables na alimentación, actividade física e educación sexual; sen perder de vista que a obesidade infantil sitúase preto do 40% en España, sendo un coñecido factor de risco da saúde cardiovascular.

Ademais, as experiencias da implantación do enfermeiro/a escolar demostran que a relación custo-efectividade é beneficioso en termos de produtividade laboral para os profesores e para os pais, ademais de contribuír a reduci-lo absentismo escolar e mellora-la conciliación familiar.

Xa existe noutras Comunidades Autónomas
A Enfermería Escolar é un perfil profesional necesario e recoñecido en múltiples países dentro da UE (Francia, Suecia, Inglaterra) e fóra dela, coma en EEUU. A nivel estatal non existe unha regulación uniforme desta figura, observándose unha clara desigualdade entre as diferentes Comunidades: Madrid, Valencia, Extremadura, e Murcia contan con enfermeiros nas súas escolas; outras como Andalucía, Canarias e Castela e León xa recoñecen esta figura e están traballando no seu desenvolvemento; mentres que noutras como Galicia non existe.

Os nenos galegos deben contar cos mesmos dereitos e non verse en situacións de clara vulnerabilidade, coma por exemplo menores con DM tipo 1 que non poden ter a seguridade de poder facerse os necesarios controis de glucemia e administración de insulina, rapaces con asma, epilepsia ou alérxicos aos que non se lles sabe dar resposta efectiva ante calquera crise na escola. Os profesores deben sentirse apoiados non sobrecargados, pretendemos evitar situacións de estrés nas aulas que non permitan a correcta integración dos nenos con circunstancias especiais da súa saúde.

Queremos unha educación de calidade que priorice a prevención e o tratamento da saúde e a igualdade con outras Comunidades Autónomas e países do nosa contorna.

Colegiación On-Line

Presentación de la documentación para la colegiación

Consultas

Realiza tus consultas de forma más rápida a través de la web

Trabajo

Consulta las ofertas de trabajo que llegan a nuestra oficina en un solo clic

Formación

Comprueba qué cursos están disponibles con su información completa