O Hospital Universitario de Ourense acolleu hoxe o acto de benvida aos cincuenta e un novos alumnos e alumnas da súa Escola Universitaria de Enfermería, que iniciarán este luns os estudos de Grao neste centro adscrito a Universidade de Vigo situada dentro do hospital ourensán.

IMG 3146Os novos alumnos e alumnas de primeiro, un mais que o pasado curso, foron recibidos polo xerente e a Directora de Procesos de Enfermería da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial e Beatriz Cabanelas, xunto coa directora da Escola Universitaria, Milagros Fernández, e gran parte do equipo docente, que os puxeron ao día nas características e singularidades, tanto da escola como do propio hospital, no que adquirirán as destrezas e coñecementos prácticos da especialidade.

Non menos importante nesta xornada de achegamento, foi a participación dos delegados dos cursos superiores, alumnos que expuxeron súas experiencias e clarexaron moitas das dúbidas dos seus futuros compañeiros e compañeiras de primeiro curso.

Os estudos do Grao de Enfermería continúan a ser uns dos mais demandados, tanto no Campus de Ourense, como no conxunto do mapa universitario galego, polo que un ano mais a nota mínima para acceder a unha praza foi das mais elevadas, superando este ano o 10,5.

Colegiación On-Line

Presentación de la documentación para la colegiación

Consultas

Realiza tus consultas de forma más rápida a través de la web

Trabajo

Consulta las ofertas de trabajo que llegan a nuestra oficina en un solo clic

Formación

Comprueba qué cursos están disponibles con su información completa