Álvaro Carrera | «Este é un éxito de todos: dos que estamos vacinando e dos que están afrontando esta terceira onda nos centros de saúde atendendo aos nosos pacientes»

Conoce a tu enfermer@ Visto: 1264

Ourense, 22 de enero del 2021 | Álvaro Carrera es enfermero especialista en Enfermería Familiar y Comunitaria y preside la Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria. Con casi 30 años, forma parte de esas nuevas generaciones de profesionales sanitarios que ya siempre se quedarán marcadas por haberse enfrentado a la pandemia de la COVID-19 en el año 2020, después de años de recortes en el sistema sanitario.

Este enfermero, natural de Xinzo de Limia, ha trabajado tres años en el Pool de Atención Primaria y lleva dos años siendo uno de los especialistas en Enfermería Familiar y Comunitaria que trabajan en el centro de salud de Valle Inclán de Ourense.

Ahí lo pillaron la primera y la segunda ola de la COVID, dando soporte al Equipo de Seguimiento Compartido Atención Hospitalaria (ESCAH) y ya en plena tercera ola, es uno de los miembros de los equipos de vacunación de la provincia.


Pregunta:
¿Cómo se dio la situación en la que te ofrecen ser parte de los equipos de vacunación?

Respuesta: A Dirección de Enfermaría de Atención Primaria contactou comigo e aceptei.

P: A nivel personal, ¿qué significa para ti formar parte de esta campaña?
R: O significado desta campaña foi maior cando cheguei ás primeiras residencias e vin a ilusión e esperanza que representaba a vacina, tanto para os nosos maiores como para os traballadores que os coidan.
Na historia da humanidade hai dous fitos principais na saúde pública: a potabilización das augas e as vacinas. Ao longo da historia temos pois antecedentes de campañas de gran magnitude, como foi a variola ou a polio. Porén, aínda que a transcendencia e magnitude non é asimilable, si teño como referencia a realizada nos anos 80 fronte ao tétano, da que aínda podo ver o seu esforzo de chegar a tódalas aldeas ao completar o historial de vacinas dos meus pacientes, ou falar con compañeiros que participaron daquelas.

Como enfermeiro Comunitario de Atención Primaria, participar nunha campaña de prevención primaria masiva, é un fito profesional moi importante.

P: ¿Qué proceso de formación tuvísteis?
R: A formación oficial impartida pola ACIS e o SERGAS foi orientada ao coñecemento do mecanismo de acción da vacina, o desenvolvemento da fase I desta campaña histórica.
E logo cuestións máis prácticas como o procedemento de reconstitución, cuestións específicas na xestión loxística e da rede de frío, e un repaso da actuación fronte as complicacións posvacinais máis frecuentes. Logo está a actualización continuada pola miña conta e a que compartimos os compañeiros nas canles informais, obviamente.

P: ¿Cómo foi el primer día para ti?
R: O primeiro día, pois con certa emoción e expectación fronte a este dispositivo loxístico específico. Logo, o procedemento é similar a outras vacinas. O que si impacta son as caras e as emocións dos pacientes e traballadores, nos primeiros días con cun chisco de medo e esperanza; pero que conforme ía progresando a campaña e se vía que toda esa alarma social en torno a posibles efectos era desproporcionada, víase tamén como desaparecía ese medo dos primeiros días e aumentaba a esperanza e a euforia por vacinarse.

P: ¿Como es todo el proceso desde que llegais al centro sociosanitario hasta que finalmente ponéis la vacuna?
R: No caso de Ourense, que xa temos experiencia previa nesta organización por equipos, e tamén na relación cos centros sociosanitarios, o proceso para nós comeza no momento que temos calendario definitivo, un ou varios días antes. Entón dende os equipos contactamos coas residencias e organizamos o operativo de vacinación.

Polo xeral, ao chegar, valoramos as alerxias e outras posibles contraindicacións dos residentes coa información que nos achegan os centros, así como se están sometidos a tratamento anticoagulante oral – que non é unha contraindicación, só varía a técnica de administración.

Logo no primeiro centro da xornada chegamos e recibimos as vacinas do transporte loxístico que ven escoltado pola Policía Autonómica. Unha vez que as vacinas entran no centro, verificamos a recepción do número de viais e kits de material funxible, verificamos a cadea de frío, notificamos a súa recepción a Saúde Pública e asumimos a custodia.

Despois comezamos a dilución dos viais e a preparación das doses para administrar e procedemos a administralos. Naqueles casos nos que os residentes deciden, informámolos e pedímoslle o consentimento previo a vacinación. Habitualmente comezamos a vacinar polos traballadores e logo continuamos cos residentes. Ao rematar completamos o rexistro informático, mentres agardamos o tempo de rigor de vixilancia e coidados posvacinais.

P: En el trabajo de valoración previa que se hace, ¿en base a qué se decide si una persona puede recibir la vacuna o no?
R: Temos o plan galego de vacinación fronte ao SARS-CoV-2 que marcan os criterios de referencia, como acontece coas vacinas do Programa Galego de Vacinacións. En función da anamnese previa decidimos.

P: Después de vacunar en una residencia, ¿se hace un seguimiento de los residentes y del personal?
R: O seguimento é o habitual como con calquera outra vacina. Pasados os 15-30 minutos nos que poden ter lugar as reaccións adversas máis graves, o seguimento lévase polo persoal enfermeiro ou médico do centro, e se non o hai, polo equipo básico de Atención Primaria.

Alvaro3P: En general, ¿cómo está siendo la respuesta de la gente?
R: Hai unha moi ampla aceptación da vacina (que se está a incrementar co avance da campaña) e como xa dixen, moita esperanza e ilusión posta nela.

P: Ya lleváis tres semanas vacunando, ¿cuáles son las mayores dificualtades que os estáis encontrando?
R: A maior dificultade sempre é a loxística, pero neste proxecto comparado con outros, nótase que están postos tódolos recursos, porque se van aplicando case tódalas propostas de mellora que facemos.

P: ¿A qué crees que se debe el gran ritmo de vacunación que se está dando en la provincia?
R: A clave está na idiosincrasia da Enfermaría de Atención Primaria de Ourense. Se o noso modelo de traballo se está exportando a outras áreas, é lóxico que se acade este ritmo. Esta idiosincrasia comeza polo alto compromiso dos profesionais e a filosofía de coidados e de Atención Primaria. Temos unha alta experiencia neste tipo de campañas, e o histórico de resultados das campañas de vacinación antigripal así o demostran.

De todas formas non debemos esquecer que este éxito, é un éxito de todos, dos que estamos vacinando e dos que están afrontando esta terceira onda nos centros de saúde atendendo aos nosos pacientes.

P: Aunque queda mucho para que llegue el momento, ¿estáis pensando ya en cómo se organizará la vacunación más masiva de la población en general?
R: Aínda carecemos de información e detalles de como vai ser. De momento estamos na fase I. Vai depender moito da dispoñibilidade de vacinas e a estratexia de captación e prioridades que se estableza a hora de vacinar.

P: ¿Crees que habrá problemas de disponibilidad de profesionales para formas más equipos de vacunación?
R: Hai suficientes enfermeiras dispoñibles en Galicia para completar esta campaña. Non se trata de formar máis ou habilitar a ninguén se son mantidas as previsións de vacinas e o tempo dispoñible para facelo: trátase de ordenar os recursos que temos.

E neste caso, será prioritario mover moitos destes recursos humanos para a Atención Primaria e reforzala. Pero insisto, o principal condicionante será a dispoñibilidade de vacinas e os prazos que nos marquemos. Non é o mesmo vacinar un millón de persoas nun mes que en seis. Esa é a cuestión.

P: Si el papel de la Enfermería está siendo clave desde el inicio de la pandemia, ¿se está reivindicando la especialidad de Enfermería Familiar y Comunitaria con la vacuna?
R: Nesta pandemia evidenciouse totalmente que é esencial ter enfermeiras especialistas en Familia e Comunitaria nos centros de saúde. A nosa formación está orientada entre moitas outras cousas a dar resposta a estas situacións tanto no eslavón executor como no organizativo.

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria promoverá e reivindicará sempre este perfil profesional para a Atención Primaria, pois do contrario corremos o risco de que desapareza a calidade dos coidados enfermeiros máis próximos a cidadanía.

Por outra banda, se queremos evolucionar como profesión, disciplina ou ciencia, a especialización nas diferentes ramas é esencial. Se non o facemos, corremos o risco de involucionar e pasar de ser unha disciplina científica e universitaria, a un ciclo de técnicos axudantes.

P: El hecho de que seáis profesionales acostumbrados a desarrollar vuestro trabajo en el domicilio del paciente, ¿ha facilitado el proceso de puesta en marcha de la campaña?
R: Non só no domicilio, se non tamén na comunidade. O noso grao de autonomía e seguridade a hora de tomar decisións é moito maior que no ámbito hospitalario. Porque no ámbito comunitario, se non tomas decisións e usas toda a túa autonomía, non resolves os problemas dos pacientes.

P: ¿Qué le dirías a alguien que no sabe si vacunarse o no?
R: O primeiro, que é un sentimento normal e lexítimo. A vacinación é un acto voluntario, solidario e seguro. Como profesional, que respecto o seu dereito de autonomía, diría que o mellor para as dúbidas e inseguridades é informarse en fontes fiables e solventes.

Hoxe en día, calquera pode escribir na internet. Que algo estea escrito, non quere dicir que sexa certo. Que consulten a fontes fiables, como as institucionais e as das sociedades científicas, que están a facer un magnífico esforzo de información e de desmentido de noticias falsas e mitos. Os profesionais temos o deber de non maleficencia, e ademais, eu xa estou vacinado da primeira dose. Non lle aconsellaría a ninguén facer algo que non faría pra min mesmo.

Imprimir