Ourense, 20 maio 2024. Dar a coñecer os diferentes tipos de dispositivos inhaladores e as técnicas correctas de uso é o obxectivo da séptima edición do taller de manexo de inhaladores, nebulizadores e cámaras especiadoras.
Por sexto ano consecutivo, a enfermeira Raquel Pérez Rodríguez, do Servizo de Alergoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, é a encargada de ofrecer as claves en dúas xornadas formativas que terán lugar no Colexio de Enfermería de Ourense os días 21 e 22 de maio.
O uso adecuado de inhaladores é crucial para o control de enfermidades respiratorias. Cal é o teu enfoque para educar aos pacientes sobre como utilizar correctamente estes dispositivos?
A adherencia ao tratamento inhalador pautado é fundamental para poder controlar o problema de saúde/a doenza de base do doente, certo é que este tamén deberá cumprir con as medidas non farmacolóxicas indicadas, hábitos saudables diarios como poden ser, non fumar, a práctica de exercício físico, evitar o sobrepeso/obesidade, en outros.
É fundamental explicar ao doente a importancia de administrar correctamente o tratamento inhalador que ten pautado, para que entenda que así poderá controlar mellor a súa doenza, que non presentará (ou será menor) a frecuencia de aparición de clínica respiratoria e polo tanto non precisará de tratamento de rescate, consultas de urxencia, incapacidade polo proceso, así como os efectos secundarios debidos o mal uso do tratamento inhalador, entre outros.
O taller de inhaladores leva xa varias edicións no Colexio de Enfermería de Ourense, como responden as enfermeiras a esta formación? Que é o que máis demandan a nivel formativo?
A resposta das asistentes ao este curso nas pasadas edicións foi moi boa, porque ademais de actualizar os coñecementos teóricos básicos da materia, teñen acceso directo a gran maioría dos dispositivos inhaladores que actualmente están no mercado, e que moitos deles descoñecen, debido en parte, a frecuente presentación de novos fármacos inhalados, os cales son prescritos en atención primaria ou nas consultas médicas de especializada, de tal xeito que os profesionais de enfermería que non desenvolven a súa actividade enfermeira neses servizos, (por exemplo, que traballan en unidades de hospitalización), descoñecen a gran variedade que hai deles, feito que pode dificultar a continuidade do tratamento inhalador do doente durante a estancia hospitalaria.
As alerxias poden ter un impacto significativo na calidade de vida dos pacientes. Cales son as alerxias máis comúns dende a túa experiencia no servicio de alergoloxía?
As alerxias teñen un impacto significativo no doente porque dependendo da clínica que presente é preciso pautar tratamento inhalador, inmunoterápico (vacinas desensibilizantes), antihistamínico e corticoide (en diferentes formas de presentación), ademáis da necesidade de facer revisións médicas e de enfermería periódicas, poden sofrer incapacidade pola sintomatoloxía que presenten nun determinado momento, entre outros; polo que é fundamental que para un mellor control da clínica e boa evolución do problema de saúde, o doente sexa cumpridor con o tratamento pautado.
As alerxias máis frecuentes no noso medio, son ao polen das gramíneas, seguido dos ácaros do po, polen das betuláceas (bidueiro) e en menor medida a picada de himenópteros (abellas, avésporas, velutina). É precisamente no caso dos doentes que presentan alerxia ao polen de gramíneas ou aos ácaros, os que precisan dun tratamento farmacolóxico tan completo como o antes indicado (inhalador, inmunoterápico, antihistamínico, corticoide...).
Podemos chegar a facer un mapa de alerxias por zonas de influencia?
A nivel galego, na zona do interior, son máis frecuentes os casos de alerxia ao polen das gramíneas seguido dos ácaros do po (concretamente do tipo D.Pteronyssinus); no litoral galego, debido a unha maior humidade, son máis frecuentes as alerxias aos ácaros seguido do polen das gramíneas.
Non so parece que a temporada de alerxias cada ano é maior senón que cada ano afecta a mais persoas. Estímase que entre o 25 e o 30 % da poboación global é alérxica e a OMS prevé que en nunhas décadas chegue ó 50%. A que se debe esta percepción?
Pode ser debido a unha mayor contaminación ambiental, os gases diesel son irritantes da vía respiratoria, polo tanto para as persoas con un componente alérxico pode exacerbar a clínica; tamén pode ser debido ao estrese diario, unha maior accesibilidade a realización de probas diagnósticas de alerxia o que favorece a visibilización dos casos, entre outras.
No tratamento de enfermidades respiratorias e alerxias, o traballo en equipo é fundamental para garantir unha atención integral para os pacientes?
Totalmente certo, desde o primeiro momento do diagnóstico da/s alerxias é un traballo de equipo, de feito o protocolo de actuación cando un doente acude a consulta de alerxia, vai ser o profesional de enfermería o que en función da clínica que presente o doente, valore facer as probas cutáneas de alerxia, espirometría, medición do óxido nítrico (fundamental) así como a valoración dos resultados obtidos en ditas probas; posteriormente o especialista en alergoloxía, será o responsable de diagnosticar o tipo de alerxia (de ser o caso) e de pautar o tratamento farmacolóxico correspondente, e finalmente nesa primeira consulta de alerxia, será novamente o profesional de enfermería, o responsable de explicar ao doente como debe administrar o tto inhalador, as medidas de control ambiental segundo sexa o caso (polen e/ou ácaros), o resto de tratamento pautado (colirios, spray nasal, antihistamínico oral), como actuar no caso de presentar o doente unha crise alérxica; e se fose preciso a inmunoterapia, explícase todo o proceso de vacinación, a cal será o profesional de enfermería na consulta de alerxia o responsable de iniciar até as doses de mantemento, momento no que se deriva (se procede), a consulta de enfermería de atención primaria.
Unha vez que o doente queda en seguimento no servizo de alerxia, o profesional de enfermería é o responsable de levar o control do tratamento inhalador, etc, nas revisións sucesivas.
Dado que a enfermería está en constante evolución, a actualización sobre os últimos avances no manexo de inhaladores e o tratamento de alerxias debe ser constante?
Debe ser periódica, porque como comentei anteriormente, é frecuente que se presenten no mercado (ademáis de novos dispositivos), novos fármacos, que ainda sendo os habitualmente pautados, debido a existencia de diferentes laboratorios que os comercializan, preséntanse no mercado con nomes diferentes, polo que é preciso que o profesional de enfermería (que é o verdadeiro responsable do entreno da terapia inhalatoria), esté ao dia de cada un deles.