José David Vázquez Bóveda, sobre o prezo dos test de antíxenos: "Deberíase tender cara a gratuidade destas probas"

Prensa Visto: 895

O secretario da xunta de goberno da Organización Colexial de Enfermería de Ourense estivo na mañá deste venres conversando con Kiko Novoa (Galicia por diante - Radio Galega) sobre a recente regulación dos prezos dos test de antíxenos

 

Ourense, venres 14 de xaneiro de 2021.- O secretario da xunta de goberno da Organización Colexial de Enfermería de Ourense estivo na mañá deste venres conversando co xornalista Kiko Novoa (Galicia por diante - Radio Galega) sobre a esperada regulación dos prezos dos test de antíxenos, que desde agora non poderán superar os 2,94€.

Neste sentido, Vázquez Bóveda quixo salientar que aínda que se trata dunha boa nova, os prezos seguen a ser superiores a outros países da contorna, como Portugal (2,01€) ou Francia (1,75€), e que "se debería tender cara a gratuidade destes test, aínda que esperamos que no futuro non sexan tan necesarios como son hoxe para poder ter un control dos casos desta enfermidade no seo da familia".

O secretario do COE de Ourense quixo aclara que se hai dúbidas de poder estar incubando o virus debemos facer un test, pero que máis axeitado é que estes test sexan realizados polas enfermeiras, que son as profesionais que coñecen a técnica para facelo correctamente: "A realización da proba ten a súa dificultade. O profesional que executa o test valida ese resultado, cousa que no fogar non podemos facer. Sempre é mellor facer o test que non facelo, pero segue faltando algo fundamental: a enfermeira".

Kiko Novoa tamén se interesou polo ánimo das enfermeiras despois de dous anos na primeira liña da loita contra o covid: "Estamos cansos. Ademais, houbo unha merma da calidade da atención porque as necesidades dos pacientes aumentaron considerablemente, pero non o fai a dotación de persoal".

A entrevista completa está dispoñible no seguinte enlace.

Imprimir