Os protocolos de XED, indispensables para a posta en marcha de calquera sistema de xestión da demanda na Atención Primaria

Este é un dos principais puntos que se desprende da xornada celebrada este xoves pola Consellería de Sanidade onde profesionais de distintas comunidades autónomas, como País Vasco ou Cataluña, compartiron as súas experiencias e coñecementos traballando con programas similares ao XIDE. O COE de Ourense valora positivamente este sistema sempre e cando se proceda efectivamente a elaboración desde protocolos antes da súa instauración

xornada xestion demanda atencion primaria conselleria sanidade colexio enfermeria ourense 3

A presidenta da organización colexial, Ascensión Pérez Sampayo, conversa co secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes, ao remate do acto | FONTE: Colexio Oficial de Enfermería de Ourense

Santiago de Compostela, mércores 18 de maio de 2022.- Ascensión Pérez Sampayo, María José Menor Rodríguez e Alberto Rodríguez Seoane, presidenta, vicepresidenta e vogal da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, acudiron este xoves en representación da organización colexial á Xornada sobre a xestión da demanda en atención primaria: compartindo experiencias, organizada pola Consellería de Sanidade, onde se destacou que noutros puntos do país se elaboraron protocolos de Xestión Enfermeira da Demanda (XED) como paso previo a instalación de programas similares ao XIDE (Xestión Integral da Demanda en Equipo).

O acto contou con profesionais expertos do ámbito sanitario de Andalucía, Canarias, Cataluña e País Vasco, comunidades autonómas onde está a funcionar algún sistema de xestión da demanda en equipo. “El objetivo de esta jornada es compartir el conocimiento que han generado las diferentes experiencias de gestión de la demanda en sistemas de salud de otras comunidades”, explicó Estrella López-Pardo, directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade.

Os colexios profesionais de Enfermería de Galicia, xunto con AGEFEC, veñen solicitando a paralización da implantación do XIDE mentres non se proceda, entre outras cousas, á elaboración de protocolos de actuación de Enfermería que garanticen seguridade xurídica no desenvolvemento das súas tarefas, co fin de protexer efectivamente a enfermeiras e pacientes. A este respecto José Flores Arias, xerente do Sergas, prometeu que “pronto tendréis esos protocolos encima de la mesa. No permitiremos que profesionales y pacientes trabajen o sean atendidos en un ambiente de inseguridad. El XIDE es una más de las herramientas que hemos propuesto para la mejora de la Atención Primaria gallega, para conseguir que esta siga creciendo y se convierta en la que todos deseamos”.

Outras experiencias

Profesionais das comunidades autónomas de Andalucía, Canarias, Cataluña e País, presentaron programas de xestión da demanda que, malia diferir na súa amplitude ou ambición, coincidían nun punto fundamental: a existencia de protocolos, única seguridade xurídica para ás nosas profesionais.

Mentres que no distrito sanitario de Jaén sur traballan con 18 protocolos, tal como explicou o enfermeiro David Alcaide, no OSI de Uribe (País Vasco) comezaron a facelo con sete. Alba Brugés, do CASAP Can Bou (Consorci de Castelldefels Agents de Salut) explicou que na súa área sanitaria hai máis enfermeiras que facultativos, "fundamental si defendemos el discurso de que la enfermera tiene la capacidad de ser finalista.  Para llevar a la Atención Primaria a su máximo exponente, todos los profesionales de todas las categorías debemos explotar el 100% de nuestras competencias". Nesta liña, os representantes do COE de Ourense coincidiron ao valorar que, polo tanto, a implatanción do XIDE requerirá necesariamente un incremento do persoal especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria, despois de que a enfermeira catalá defendese que “las enfermeras no podemos encargarnos del grueso de la demanda espontánea, pues de esta forma dejaremos de hacer tareas que también son fundamentales”.

Illas Canarias e Culleredo, servizos de pilotaxe do XIDE en Galicia

Sofía López Liñares e María Jesús Rodríguez Abellón, xefas de servizo do SAP Islas Canarias (Lugo) e Culleredo (A Coruña), foron as encargadas de presentar as bondades do XIDE posto en marcha nestes servizos, pero soamente na súa primeira fase, a pesares de que inicialmente se acordou que debería abordarse unha segunda antes da súa implantación noutros centros de saúde.

Explicaron o funcionamento do programa, desde que o doente se pon en contacto co centro de saúde e o PSX lle outorga profesional (consulta enfermeira, médica, matrona, etc), modo (cita telefónica ou presencial) e tempo (atención ordinaria, no día ou inmediata).

Liñares e Abellón mostraron, do mesmo xeito, os resultados desta pilotaxe, como os motivos de consulta máis frecuente, tanto para poboación adulta como pediátrica, ou os profesionais máis demandados. Tamén abordaron as ventaxas que tería o XIDE para os profesionais, como a optimización do traballo, a disminución de citas forzadas ou a facilidade para que as distintas categorías profesionais desenvolvan as súas competencias ao máximo. Cómpre recordar neste punto que as organizacións colexiais de Enfermería de Galicia, e AGEFEC, sempre valoraron positivamente o sistema de Xestión Integral da Demanda en Equipo, pero rexeitan a súa instauración inmediata, pois aínda sea topa nunha fase moi prematura ao contar só cunha fase de pilotaxe, insuficiente para valorar a súa viabilidade, e a inexistencia polo momento de protocolos de actuación para as enfermeiras.

Ao respecto disto, Abellón asegurou que se está a traballar en protocolos de Enfermería de Práctica Avanzada: “La enfermera podrá dar una respuesta finalista o derivar a otro profesional sanitario y todo el proceso de Xestión Enfermeira da Demanda se desarrollará a través de protocolos unificados para todo el SERGAS”.

xornada xestion demanda atencion primaria conselleria sanidade colexio enfermeria ourense

A presidenta do COE de Ourense conversa coas súas homólogas das organizacións colexiais de A Coruña, Inés López Carral, e Pontevedra, Marisol Montenegro | FONTE: Colexio Oficial de Enfermería de Ourense

Valoración das representantes do Colexio Oficial de Enfermería de Ourense

Ascensión Pérez Sampayo, presidenta da organización colexial ourensá, explicou que “a Consellería de Sanidade, a través da intervención dos seus representantes, non amosou nada novo sobre este asunto. Si que foi interesante coñecer como outras comunidades desenvolveron efectivamente protocolos de actuación para ter ás súas profesionais amparadas xurídicamente, que é o que desde esta organización colexial vimos requirindo para apoiar a implantación deste programa”. María José Menor, vicepresidenta do COE de Ourense,  subscribiu as palabras da presidenta e engadiu que “si este sistema se desarrolla correctamente, es sin duda una herramienta buenísima porque permitirá a la Enfermería su desarrollo profesional total”.


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.