Éxito rotundo das III Xornadas de Enfermería do Traballo de Galicia celebradas o pasado sábado no campus de Ourense

post inauguración

Na mesa inaugural das xornadas, de esquerda á dereita: Ascensión Pérez Sampayo (presidenta do Colexio de Enfermería de Ourense), Milagros Fernández Varela (directora Escola Universitaria de Enfermería Ourense), Gonzalo Pérez Jácome (alcalde do Concello de Ourense) e Araceli Santos Posada (presidenta de Asociación de Especialistas en Enfermería del Trabajo - AET)  FONTE: COE OURENSE


 

 

  • O COE Ourense colaborou con estas xornadas organizadas pola Asociación Galega de Enfermería do Traballo e a Escola Universitaria de Enfermería de Ourense.
  • O evento contou con máis de 120 persoas inscritas, entre as que se atopaban non só profesionais desta especialidade senón tamén un alto número de estudantes de Enfermería. 

 

Ourense - martes, 29 de noviembre de 2022. -A presidenta do Colexio de Enfermería de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo, asistiu na mañá do sábado á inauguración das III Xornadas de Enfermería do Traballo de Galicia celebradas no campus de Ourense e coas que a entidade colabora. Estivo acompañada por Araceli Santos Posada, presidenta de Asociación de Especialistas en Enfermería del Trabajo (AET); Milagros Fernández Varela, directora Escola Universitaria de Enfermería Ourense, así como do alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome. 

Pérez Sampayo amosouse emocionada pola gran afluencia de público, con máis de 120 persoas inscritas, o que demostra “un interese crecente na especialidade de Enfermería do Traballo”. Quixo lembrar, nesta liña, a importancia deste tipo de xornadas para que o estudantado se familiarice cunha especialidade “con múltiples e moi interesantes e necesarias saídas profesionais”. Lembrou, ademais, que “unha plantilla laboral enferma non é unha plantilla rentable” e que o feito de non estarmos enfermos non significa que necesariamente esteamos sans. É aí onde radica, segundo a presidenta do COE Ourense, o valor da Enfermería do Traballo, no coidado e atención á persoa traballadora, como parte imprescindible da cultura da empresa ou organización.

Pola súa banda, a presidenta da AET, Araceli Santos Posada amosouse igualmente satisfeita pola boa acollida destas xornadas nun momento no que, asegura, “a especialidade de Enfermería do Traballo” sae reforzada da crise. Santos Posada subliñou que a pandemia deixou “aínda máis constancia de que é imprescindible apostar pola prevención”. Nesta liña quixo resaltar o peso da “formación holística” coa que conta un profesional da Enfermería do Traballo e que se volve clave para a boa saúde de calquera empresa ou organización.


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.