A Comisión de Formación, Docencia, Investigación e Calidade do COE Ourense dá resposta ás demandas das colexiadas

 Imagen de WhatsApp 2023 02 17 a las 18.27.19

De esquerda a dereita: Mercedes Valcárcel Egea, María Begoña Pérez Vázquez, Antonio Vázquez Pérez, M.ª José Menor Rodríguez (responsable da Comisión), Jaime Cerradelo Lama (secretario da Comisión) e Karina Blanco Iglesias | FONTE: COE OURENSE

 

Ourense, 23 de febreiro de 2023. Esta semana pasada, a Comisión de Formación, Docencia, Investigación e Calidade do COE Ourense celebrou a súa segunda reunión do que vai de ano. A nosa sede colexial acolleu un novo encontro deste equipo (unha das comisións permanentes de traballo dentro da institución colexial) que está coordinado pola doutora en Enfermería Mª José Menor, vicepresidenta do Colexio, e integrado por varios membros da Xunta de Goberno e por outros profesionais colexiados.

Durante esta reunión, os membros da comisión fixeron balance da acollida de SalusPlay así como a revisión do convenio coa plataforma. Ademais, valoraron os cursos ofertados polo COE Ourense que xa están pechados e que comezarán moi pronto, e tamén aquelas propostas formativas que están en camiño, atendendo ás demandas que nos achegan as enfermeiras.

Lembra que se queres contribuir ó seu labor, esta Comisión pretende funcionar como canal da colaboración e participación de profesionais e asociacións científicas de enfermería da provincia de Ourense, polo que está aberta a escoitar a aquelas persoas/entidades interesadas en compartir os seus coñecementos e suxerencias. Fáinolas chegar a través do noso enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.


Imprimir  
We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.