A presidenta do COE Ourense asistiu ao almorzo do Foro La Región no que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, falou dos “Retos da Galiza nun mundo en transformación”

 almorzo anaponton asistepresidentacoeourense

A presidenta do COE Ourense, Ascensión Pérez Sampayo, (a terceira pola esquerda) acompañada doutros asistentes ao foro-almorzo | FONTE: La Región (Xesús Fariñas).

 

Ourense, 31 de marzo de 2023. A presidenta da Organización Colexial de Enfermería de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo, accedeu onte á invitación recibida para asistir ao almorzo organizado polo Foro La Región no que interviu a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

Neste encontro coa cidadanía, celebrado no Restaurante Gastrobar San Miguel e cuxa temática era “Retos de Galiza nun mundo en transformación”, Pontón presentou o modelo municipal do BNG para Ourense. No evento tamén houbo espazo para o debate e para o contraste de ideas cos presentes.

Ana Pontón resaltou a importancia do reforzo dos servizos públicos, poñendo especialmente o foco no eido sanitario. Por iso, fixo fincapé na cuestión relativa á atención primaria, un servizo que, segundo apuntou, “sufriu recortes por máis de 2.000 millóns de euros nos últimos 14 anos”.

Por este motivo, a líder nacionalista propón un novo modelo que dedique o 25% do orzamento da Consellería de Sanidade a atención primaria. Asi mesmo, tamén denunciou a precariedade e a necesidade de por fin á falta de persoal, así como de crear novas especialidades coma, por exemplo, a psicoloxía clínica, co fin de garantir que “todo o mundo poida ter acceso á saúde mental independentemente dos seus recursos”.


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.