O COE Ourense e a embaixadora de SalusOne na provincia coordínanse para trasladar todas as vantaxes da plataforma ás colexiadas

 foto.comp embaixadoraA presidenta do COE Ourense, Ascensión Pérez Sampayo, reunida esta mañá coa enfermeira Carla Macía, embaixadora provincial de SalusOne. | FONTE: COE OURENSE.

 

Ourense, 11 de abril de 2023. Esta mañá, a presidenta do COE Ourense, Ascensión Pérez Sampayo, reuniuse na sede colexial coa embaixadora de SalusOne na provincia, a enfermeira Carla Macía Ricoy. Esta enfermeira, que desempeña o seu posto en Urxencias do Complexo Hospitalario de Ourense, foi a escollida por SalusPlay, unha plataforma de formación integral para enfermeiras, como a embaixadora en Ourense dentro da súa ‘Rede de Embaixadoras SalusOne’.

SalusOne é a web e aplicación coa que o Colexio de Enfermería de Ourense ten un convenio polo que lle ofrece ás súas colexiadas o acceso gratuito a SalusOne Premium. Isto significa que só polo feito de estares colexiada, rexistrándote en SalusPlay, poderás: realizar 1 curso CFC ó mes a escoller entre os máis de 100 cursos CFC dispoñibles actualmente, acceder a webinars de alimentación saudable, a un ximnasio virtual e a sesións de benestar emocional (mindfulness, relaxación…); resolver calquera dúbida profesional a través dun equipo de máis de 40 enfermeiras expertas en diferentes materias; acceder a unha base de datos con máis de 700 plans de coidados estandarizados; acceder á Biblioteca audiovisual de SalusOne e a máis de 40 ebooks de diferentes temáticas… E acceder a moitas vantaxes máis.

Se te colexias, xa che damos acceso gratuito a este servizo, e se xa estás colexiada pero aínda non probaches SalusOne, o persoal administrativo facilitarache o proceso: na propia sede do colexio e de xeito gratuito pódenche instalar a aplicación no teu móbil e explicarche como podes desfrutar de todas as vantaxes que ofrece SalusOne.

Ademais, na nosa web contamos cunha sección específica (Formación >SalusPlay) onde vos imos informando de tódalas súas novidades.


Imprimir  

Estamos en:

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.