RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
- Convócase, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2023/24, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente.
- Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.
- O prazo para a presentación da documentación será ata o día 21 de xullo de 2023, para os cursos do primeiro cuadrimestre, e ata o 1 de decembro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre.
- A documentación presentarase telematicamente desde o enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega.