Nota informativa - Sobre a administración da vacina fronte ao Meningococo ACWY Calendario de inmunización ao longo de toda a vida

O novo “Calendario de inmunización ao longo de toda a vida” do Programa Galego de Vacinación, que entra en vigor o día 1 de outubro de 2023, inclúe como unha das novidades a vacinación fronte á meninxite cos 4 serotipos (A, C, W, Y) aos 4 meses, administrándose así en todas as idades (4 meses, 12 meses e 12 anos).

Ata agora, aos 12 meses e 12 anos empregábase a vacina Menquadfi® (Sanofi Aven- tis), que conta coa autorización de administración en ficha técnica a partir dos 12 meses. Por tanto deberase ter en conta que para a administración aos 4 meses so está autorizada por ficha técnica a vacina Nimenrix® (Pfizer).

Deste xeito, no momento actual convivirán dous tipos de vacinas fronte á Meninxite ACWY (Menquadfi® e Nimenrix®) e empregaranse do seguinte xeito:

  • Menquadfi®: administrarase nos nenos/as aos 12 meses e 12 anos.
  • Nimenrix®: administrarase aos lactantes aos 4 meses (autorizada en ficha técnica dende as 6 semanas).

Para máis información pódese consultar a instrución do “Calendario de inmunización ao longo de toda a vida” que se pode consultar no seguinte enderezo: Calendario de vacinación ao longo de toda a vida - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde (sergas.gal)

 

WhatsApp Image 2023 09 18 at 10.39.30


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.