A Área Sanitaria de Ourense participa na semana internacional das persoas xordas

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras súmase a semana internacional das persoas xordas, que se celebra do 18 ao 23 de setembro, este ano baixo o lema ‘Un mundo onde as persoas xordas podamos signar’, en  alusión aos condicionantes cotiás das persoas usuarias da lingua de signos.


Sala de prensa Sergas (19/09/2023) Fotografía: Sala de prensa Sergas 


 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras súmase a semana internacional das persoas xordas, que se celebra do 18 ao 23 de setembro, este ano baixo o lema ‘Un mundo onde as persoas xordas podamos signar’, en  alusión aos condicionantes cotiás das persoas usuarias da lingua de signos.

Precisamente para familiarizar ao persoal sanitario con esta lingua, alumnos e alumnas de terceiro curso da Escola Universitaria de Enfermería asistiron a unha charla taller no Hospital Universitario, organizada pola Asociación de Persoas Xordas de Ourense (APSOU) asociación que o vindeiro ano celebrará os seus 50 anos de traxectoria.

Ademáis do obradoiro, no que as alumnas se familiarizaron coa linguaxe de signos, os pacientes máis cativos tamén se achegaron á lingua de signos, por medio dunha sesión de contacontos na Escola de Pediatría.

Igualmente, ao longo desta mañá os socios de APSOU deron a coñecer a súa organización e servizos nunha mesa informativa, na que aclararon tamén calquera dúbidan. Á mesa achegáronse a directora de procesos asistenciais da Área Sanitaria, Mar Vázquez e a xefa do Servizo de Otorrinolaringoloxía do Hospital Universitario de Ourense, Celia Lendoiro, que departiron con Sara Janeiro, secretaria da asociación ourensá e outras socias.

 

 Video-interpretación de signos

Na actualidade o programa de historia clínica electrónica do Servizo Galego de Saúde, IANUS, dispón dun aviso, ante dificultades ou limitacións auditivas, que permite priorizar a comunicación escrita entre o sistema sanitario e o usuario, como a información sobre datas de consultas ou probas, cambios, trámites, etc. Asemade, e desde o Sergas trabállase para integrar, na nova versión de IANUS, un sistema de video-interpretación para o persoal, que permita as consultas a domicilio, como xa se fai coas telefónicas.

A Xunta de Galicia ten a súa vez dispoñible un sistema de videointerpretación en lingua de signos (Bildtec) Sistema de videointerpretación simultánea desenvolvido por ScioIT para facilitarlle a este colectivo a comunicación en Lingua de Signos Española (LSE) nas oficinas e sitios web de institucións públicas e en empresas con servizos de atención ao público. A súa aplicación ao 012 é froito dun convenio asinado entre a Xunta de Galicia, e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.


Imprimir  
We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.