Ourense, 25 marzo 2024. Como concienciar aos pacientes do contido de azucre dos alimentos? A resposta está nas mans de Lidia Cumplido, enfermeira de Educación Diabetolóxica no Hospital de Verín, unha enfermería de práctica avanzada que a través de diferentes ferramentas lúdicas busca formar, informar e coidar.
Un taboleiro na consulta do hospital axúdalle a advertir da importancia dunha alimentación no só saudable senón consciente ou, dito doutra maneira, por que 200 gramos de empanada equivalen a oito sobres de azucre ou un plato de cocido a seis. Misión na que a acompaña Gluci, a mascota da unidade creada con Intelixencia Artificial, que durante todo o ano recórdalles aos pacientes de diabetes de Verín como afrontar a enfermidade ao tempo que a fai visible para o resto da poboación.
A alimentación en pacientes con diabetes aínda é máis complicada En España, os resultados do estudio Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., sitúa a prevalencia total de diabetes tipo 2 no 13,8%, (máis de 5,3 millóns de persoas), un 7,8% corresponde a casos de DM2 coñecida (casi 3 millóns de persoas). Un 6% da poboación española descoñece que sufre esta patoloxía (máis de 2,3 millóns de persoas).
Neste contexto os taboleiros e Gluci funcionan para o seu propósito. Mentres os pacientes agardan entrar na consulta da doctora Díaz, nestas datas atopan información útil sobre os pratos de cuchara que tanto abundan na dieta galega e na importancia dunha alimentación consciente. Adiviñamos a equivalencia de azucre dun plato de caldo?
Como xurdiu a idea dos taboleiros informativos sobre o azucre dos alimentos
Escomezou na época do Nadal fai dous anos, os pacientes acudían a consulta comunicando que mercaban doces de nadal "sen azucre", iso levoume a ir ao supermercado e mercar todos os doces típicos desas datas e ver a cantidade de hidratos de carbono que tiñan. Comprobei que había doces "sen azucre" que tiñan máis cantidade de hidratos de carbono que os seus homónimos normais.
Aínda me quedaba un reto: facer isto entendible para a poboación con diabetes que non está afeita a contar por racións, polo que optei por unha doble vía. Convertín os hidratos de carbono en racións facendo a equiparanza dunha ración de hidratos de carbono que son 10g a un sobre de azucre e representeinos de xeito físico tras facer as contas de cada produto no taboleiro correspondendo a cada doce os seus terróns de azucre correspondentes. Así as persoas con diabetes tipo 2 quedáballe dun xeito claro e tamén aos pacientes con diabetes tipo 1 que xa lles aforraba facer as contas dos hidratos.
Como é o proceso?
Dependendo das datas, nesta última abordamos os pratos típicos do frío, os pratos de culler: sopa de fideos, lentellas, fabada...mPrimeiro fágoo na casa, conto os hidratos que ten cada plato e despois refléxoo no taboleiro.
Que preguntan os pacientes?
Preguntan que poden comer, que alimentos teñen restrinxidos... Explicamos que a base é un prato equilibrado e que teñan claro que alimentos teñen hidratos de carbono para poder comelos, pero nunha cantidade axeitada.
Como reciben afirmacións como “comer 200 gramos de empanada equivale a 8 sobres de azucre”?
Como unha sorpresa absoluta, uns comentan que o panel non está ben, que eles non lle botan azucre á empanada para facela ou teñen a percepción de que comer empanada a cotío e san. O mesmo acontece coa sopa de fideos. A poboación pensa que é unha cea sá, mais non é así dado que é pasta e ten moitos hidratos de carbono.
Explícanos en que consiste a enfermeira en educación diabetolóxica.
Trátase dunha enfermería de práctica avanzada porque agora mesmo non existe especialización como tal. Facemos o máster de Educación terapéutica en diabetes que nos acredita para isto. Somos enfermeiras que atendemos ao paciente dun xeito holístico, non se trata de ver só as glicemias que trae o paciente. Atendemos á técnica de inxección, ás emocións, ás neuropatías que pode presentar o paciente. Non só se trata de ver números, senón que escoitamos ao paciente, adicámoslle tempo que é o máis valioso e dado que son pacientes crónicos remata por crearse un vínculo. Eles formarán parte da nosa vida profesional e nós da súa ao longo do tempo.
Cóntanos quen é Gluci e como son os Gluci consellos.
Gluci é a mascota oficial do servizo de endocrino do Hospital de Verín. Creeina con intelixencia artificial para poder dar información novedosa que as persoas con diabetes poden ler cada semana.
Témola nun panel onde dá consellos de sentimenos que xera a enfermidade, como visibilizala, trucos para abordar as hiperglicemias… Tivo moi boa acollida entre os pacientes con diabetes (e tamén outros usuarios do hospital) , síntense representados e incluso propoñen temas para por no taboleiro.
Nunha poboación claramente envellecida como a da provincia de Ourense, como reciben os pacientes este tipo de iniciativas?
Son pacientes que me apoiaron moito na miña formación, valoran que siga estudando para que os pacientes de provincias teñan dereito a unha atención de calidade igual que ocorre na cidade.
Afrontar unha dieta saludable pode ser complicado e máis nunha comunidade como a galega tan vinculada á comida, consellos?
Un almorzo saudable típico galego como todas as nais nos deron sempre: pan do panadeiro migado no leite ou pan con aceite de oliva. Un vaso de leite.
Xantar e cea: metade do plato sexa verdura (lembrando que os chícharos considéranse a efectos prácticos patacas), un cuarto do plato proteína (carne magra, peixe podendo ser azul, ou marisco) o último oco que nos queda no plato que equivalería xa cocido a un puño pechado serían os farináceos: patacas, pasta, chícharos, arroz, garavanzos, lentellas, fabas. Podemos acompañalo de tres dedos de pan. Para a sobremesa: unha peza de froita natural.
Recomendo traballo nas hortas, pois mellora a función muscular co cal a glicemia mellorará así como o ánimo de facer un traballo útil e estar ao aire libre.
Gluci recomendaríanos unha torrda esta Semana Santa? E Lidia?
Tanto Gluci coma min non somos estrictas, aplicamos a norma de que un día é festa, mais non podemos convertir todos os días en troula. Un día comemos unha torrada pois acompañámola dunha boa camiñata ou de traballo na horta.