Ourense, 11 decembro 2024. Novo curso presencial sobre vacinas no COE Ourense: actualización en inmunización activa e pasiva. A formación incluida dentro da programación de actividades prevista para o inicio de 2025, está dirixida a enfermeiras e enfermeiros colexiadas, e desenvolverase entre o 21 de xaneiro e o 6 de febreiro de 2025.
O Colexio Oficial de Enfermería de Ourense organiza un curso presencial especializado en vacinas co obxectivo de proporcionar unha formación completa en inmunización activa e pasiva. Esta actividade está pensada para as enfermeiras e enfermeiros que traballan en atención primaria, medicina preventiva ou en puntos de vacinación.
Contidos principais
Durante as sesións, que se prolongarán de forma presencial nas instalacións do Colexio de Enfermería de Ourense dende o 21 de xaneiro ata o 6 de febreiro de 2025, abordarase:
- A seguridade e manexo dos produtos de inmunización: tipos, composición e cadea de frío.
- Enfermidades inmunoprevibles: patoloxías incluídas no calendario de vacinación do SNS e estratexias en grupos de risco.
- Resposta ante urxencias e efectos adversos: casos prácticos para a resolución individual e grupal.
Formato do curso
- Sesións teóricas e prácticas.
- Avaliación continua con probas tipo test e un exame final teórico-práctico.
Detalles clave
- Datas: do 21 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2025
- Horario: 16:00 - 19:00
- Lugar: Sede do COE Ourense
- Prezo: 10 €
- Prazas: 20 participantes
Prioridade na selección de participantes
- Enfermeiras especialistas en Atención Familiar e Comunitaria ou Pediatría.
- Profesionais con experiencia en Atención Primaria ou Medicina Preventiva.
- Enfermeiras residentes en formación especializada.
Para asegurar a súa praza, as persoas interesadas deberán rexistrarse previamente a través do teléfono 988 228 417 ou enviando un correo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Podes atopar máis información sobre o curso na web do Colexio de Enfermería de Ourense.