Oposición Sergas examen

OPE Sergas 2026: publicadas as plantillas de respostas dos exames de enfermería

Ourense, 27 de abril de 2026.  O Sergas publica as plantillas de respostas proxisionais dos exames de especialistas en enfermería pediátrica, familiar e comunitaria, traballo e matrona.

Tras a realización das probas da OPE de Sergas 2026 o pasado fin de semana en Silleda, a Consellería de Sanidade ven de publicar as plantillas dos exames dentro do apartado Oferta Persoal Estatutario 2025 na súa extranet.

Podes acceder aquí aos cadernos de respostas provisionais:

A OPE do Sergas contou cunha participación superior ao 80% nas especialidades de enfermaría. Segundo os datos da Consellería de Sanidade, a asistencia foi do 81% en Enfermaría Familiar e Comunitaria e Enfermaría do Traballo, e do 84,95% nas probas de matrona e Enfermaría Pediátrica. En total, estas categorías ofertan 260 prazas dentro dun proceso selectivo que continuará o 9 de maio coa convocatoria da categoría de Enfermaría, a máis ampla desta fase, con 1.980 prazas.

A xornada do pasado 25 de abril forma parte do proceso selectivo co que o Sergas cobre 2.476 prazas do sistema sanitario público galego durante dúas fins de semana de probas. A cita comezou o sábado, 25 de abril, cos exames das especialidades de enfermaría e de persoal de servizos xerais, e continuará o 9 de maio coa categoría de enfermaría, para a que están admitidas 8.661 persoas e se ofertan 1.980 prazas.

As persoas aspirantes poden consultar xa as plantillas provisionais de respostas e presentar alegacións a través de FIDES no prazo habilitado polo Sergas. Podes atopar aquí o modelo de reclamacións e as intruccións.


Imprimir  

Estamos en:

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.