Sanidade anuncia que a partir do sábado non quedará ningún concello en nivel máximo, nin en nivel alto de restricións por Covid-19

Martes, 8 de xuño de 2021.- Diario Oficial de Galicia

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza desta tarde o nivel medio de restricións para os concellos de Mos, Oroso, Soutomaior, Viveiro e Xove.

Os resto dos concellos galegos sitúanse en nivel medio baixo. Non hai polo tanto, ningún concello que teña que cumprir as restricións de nivel máximo ou de nivel alto. O comité volverase reunir o vindeiro martes para analizar, de novo, a situación epidemiolóxica de cada concello

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 12 de xuño.


Imprimir  
powered by social2s