O Sergas aumenta o investimento farmacolóxico para pacientes, tanto en Atención Primaria como en Hospitalaria

O investimento farmacéutico acadou en 2021 os 1.348 millóns de euros, o que supón o 29,37% do presuposto total da Consellería de Sanidade. Do importe total, o 42%  corresponde a terapias hospitalarias e o 58% a receitas.

Sala de prensa do Sergas (08/03/2022)

O investimento farmacéutico en receitas foi de 781,1 millóns, un 5,8% máis que en 2020, fronte ao 6,05% da media nacional, e supuxo o 58% do total.  Neste sentido, a diabetes é a área terapéutica que consume máis gasto farmacéutico, o 22%, seguido dos hipolipemiantes/hipocolesterolemiantes e os tratamentos antihipertensivos.

Pola súa banda, o custe de medicamentos en atención hospitalaria incrementouse un 8,8% respecto ao ano anterior e foron, de novo as terapias oncolóxicas as que ocupan o maiorinvestimento, un 29%, máis de 117 millóns, seguido das enfermidades inmunomediadas,  as hematolóxicas e as enfermidades raras.  

Sinalar que o uso de produtos farmacéuticos está fortemente influenciado pola idade da poboación atendida, e Galicia é a segunda comunidade con maior porcentaxe de poboación maior de 65 anos. A porcentaxe de poboación maior de 65 anos é do 20% en España e en Galicia esa porcentaxe supón o 26%.

Destacar, así mesmo, que a achega que fai o usuario cando recolle un medicamento na oficina de farmacia tamén inflúe no gasto en receita do Sergas, e en Galicia o grupo de usuarios exentos de achega é máis numeroso que o da media nacional. 


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.