Xunta e Concello de Riós reformarán as envolventes e o acondicionamento interior do centro de saúde

​O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a alcaldesa de Riós, Eva María Barrio López, acompañados polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, veñen de asinar un convenio no que se establecen as bases do cofinanciamento por importe de máis de 48.000 euros para levar a cabo as obras de reforma que consistirán na reparación da cuberta e no acondicionamento do interior do centro de saúde.

Sala de prensa Sergas (21/09/2022)

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a alcaldesa de Riós, Eva María Barrio López, acompañados polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, veñen de asinar un convenio no que se establecen as bases do cofinanciamento por importe de máis de 48.000 euros para levar a cabo as obras de reforma que consistirán na reparación da cuberta e no acondicionamento do interior do centro de saúde.

Procederase a reparación da cuberta que permitirá aumentar así o illamento térmico da envolvente do edificio, mellorando a impermeabilidade da cuberta e a seguridade do edificio. A cuberta actual do centro de saúde presenta graves deficiencias (rotura, desconchado, desprazamento) provocando humidades na planta destinada consultas. A actuación na carpintería exterior consistirá na automatización de apertura das ventás localizadas nas consultas. No que se refire ao equipamento substituiranse as cadeiras existente na sala de espera e a colocación de estanterías nas consultas. 

O conselleiro de Sanidade agradeceu a boa disposición do alcalde para poder asinar este convenio, con tempo suficiente para que se poida licitar a obra e executarse en prazo. Deste modo, o persoal e os pacientes do centro de saúde de Riós contarán cun centro de saúde mellor e máis confortable.

Colaboración da Xunta cos centros de saúde de titularidade municipal

A sinatura deste convenio significa dar un paso máis na renovación das infraestruturas de atención primaria existentes na nosa comunidade. Dende o ano 2009, a Xunta de Galicia construíu ou reformou un total de 102 centros de saúde, o que supuxo actuar sobre mais de 75.000 metros cadrados. A eles hai que engadir as 5 obras que están arestora en marcha. En total, a Administración autonómica investiu, nestes 12 anos, máis de 120 millóns de euros en infraestruturas sanitarias de atención primaria.

En particular, na provincia de Ourense, nos últimos anos puxéronse en marcha novos centros de saúde como o de A Merca, Toén, Entrimo, Vilar de Santos, Vilamarín, Barbadás, Pontedeva, Pereiro de Aguiar e Paderne de Allariz e as reformas de A Peroxa (Os Peares) e de Carballeda de Avia, mentres que se atopan iniciadas as reformas nos centros de saúde de Arnoia e Ribadavia.

Un terzo destas actuacións téñense levado a cabo en centros de saúde de titularidade municipal, nos que a Xunta de Galicia achega os fondos para cofinanciar a obra. Só no ano pasado, a Xunta achegou preto de 700.000 euros para 16 convenios de reforma de centros de saúde de titularidade municipal coma este, asumindo os concellos a outra arte do gasto. Nesta mesma liña, e a través de cofinanciamento cos concellos, reformáronse  centros de saúde como os de Leiro, Carballeda de Valdeorras, Lobios ou Cenlle. De feito, durante o ano 2021, o executivo galego tamén asinou convenios de reforma dos centros de titularidade municipal nos concellos de O Bolo, Amoeiro, Beariz, Rairiz de Veiga, Vilardevós, Maside, Castro Caldelas e Castrelo de Miño mentres que neste ano xa asinou cos concellos de Leiro, Vilar de Barrio, Baltar, Sarreaus e San Amaro.

A Xunta continúa así a colaborar cos concellos que manteñen centros de saúde de titularidade municipal.  Desde o 2017, a distribución que a Xunta fai do Fondo Adicional do Fondo de Cooperación Local inclúe a previsión de compensar os custos de mantemento dos centros de saúde de titularidade municipal.

No orzamento para o ano 2022 a Xunta reforzou unha vez máis o seu apoio a estas entidades locais e incrementou ata os 2,4 millóns de euros a partida –un 14%-. Con isto, a Xunta de Galicia ten destinado desde 2007 cerca de 11 millóns de euros a financiar os gastos de funcionamento de 156 centros de saúde de titularidade municipal, cantidade que en concreto para a provincia de Ourense ascendeu a 2,6 millóns de euros. Concretamente, o Concello de Riós recibe 8.240,41 euros anuais para financiar o mantemento do seu centro de saúde.

En definitiva, a Xunta non só colabora cos concellos no mantemento habitual destes centros senón que tamén colabora financiando as actuacións cando, como neste caso, hai que facer reformas importantes.  


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.