A xerente do Sergas remarca a importancia do desenvolvemento e implantación de ferramentas de intelixencia artificial nas organizacións sanitarias

A xerente do Servizo Galego de Saúde, Estrella López-Pardo, clausurou hoxe, no edificio administrativo da Consellería de Sanidade, un curso sobre as novas tecnoloxías bioinformáticas e de análise de datos masivos no ámbito biomédico, dirixido a xestores da saúde. Neste foro, a xerente sinalou que a pandemia deixou patente que a saúde é unha responsabilidade global que vai máis aló do sistema sanitario. De xeito coincidente, a medicina tamén camiña, -dixo a xerente-, cun enfoque máis holístico e, máis que nunca se enfoca a previr, así como á personalización e á precisión.


Sala de prensa Sergas (17/03/2023) Fotografía: Sala de prensa Sergas

A xerente do Servizo Galego de Saúde, Estrella López-Pardo, clausurou hoxe, no edificio administrativo da Consellería de Sanidade, un curso sobre as novas tecnoloxías bioinformáticas e de análise de datos masivos no ámbito biomédico, dirixido a xestores da saúde. Neste foro, a xerente sinalou que a pandemia deixou patente que a saúde é unha responsabilidade global que vai máis aló do sistema sanitario. De xeito coincidente, a medicina tamén camiña, -dixo a xerente-, cun enfoque máis holístico e, máis que nunca se enfoca a previr, así como á personalización e á precisión.

Segundo sinalou a responsable do Sergas, nesta nova contorna, a información convertiuse nun aliado para a toma de decisións, e ten máis que nunca o poder de cambiar a saúde.

A xerente subliñou que no curso, impartido por Bioinformatics, a Universidade Autonoma de Barcelona e o Sergas, e organizado pola Axencia galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), abordouse a dificultade de desenvolver e implantar ferramentas de intelixencia artificial nas organizacións sanitarias. “Se algo está claro é a complexidade á que nos enfrontamos e esta complexidade so pode abordarse con estruturas e unha organización especializada, baseada na cooperación das distintas disciplinas”.

Estrella López-Pardo remarcou que “agora entendemos mellor a necesidade de que os xestores nos impliquemos para abordar o cambio de paradigma que precisa o desenvolvemento da intelixencia artificial”.

Para rematar a súa intervención, incidiu na importancia de seguir avanzando rápido pero sempre nun contexto ético, legal e de pertinencia social e, dende logo, de colaboración e xenerosidade na compartición de coñecemento.


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.