Sergas e sindicatos avanzan nas negociacións sobre o Plan de ordenación de recursos humanos de Atención Primaria

A directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Ana Comesaña Álvarez, presidíu esta mañá unha nova xuntanza da Mesa sectorial de Sanidade, na que o Sergas e as organización sindicais achegaron as súas posturas sobre a proposta de acordo de intencións no marco negociador do Plan de Ordenación de Recursos Humanos de Atención Primaria. Previo inicio da reunión, rendeúselle unha homenaxe a Alberto López Suárez, xefe de Servizo de Relacións laborais do Sergas e Secretario da Mesa sectorial de Sanidade, recentemente falecido


Sala de prensa Sergas (17/03/2023) 


A directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Ana Comesaña Álvarez, presidíu esta mañá unha nova xuntanza da Mesa sectorial de Sanidade, na que o Sergas e as organización sindicais achegaron as súas posturas sobre a proposta de acordo de intencións no marco negociador do Plan de Ordenación de Recursos Humanos de Atención Primaria. Previo inicio da reunión, rendeúselle unha homenaxe a Alberto López Suárez, xefe de Servizo de Relacións laborais do Sergas e Secretario da Mesa sectorial de Sanidade, recentemente falecido.

Na xuntanza, na que participaron os representantes das organizacións sindicais: CIG, CCOO, CSIF, SATSE e UXT; e a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López; as partes avanzaron no cronograma sobre as medidas definidas neste Plan, e entre as que se inclúen: os incentivos para as categorías de difícil cobertura, a contratación estable durante 3 anos para o persoal especialista que remate a súa formación en Medicina Familiar ou Pediatría; ou as medidas de mellora nas axendas de accesibilidade de pacientes para o persoal médico de familia. Ante o novo documento e a proximidade das posturas, fixouse una nova reunión para o vindeiro 31 de marzo.

Durante a reunión, e en execución do I Plan de Igualdade do Sergas, tamén se presentou un conxunto de medidas en materia de protección da maternidade e da paternidade, así como doutras situacións de vulnerabilidade destinadas ao persoal do Servizo Galego de Saúde. 

Entre as mesmas, destacan o abono do promedio da atención continuada (gardas, noites, festivos) ás profesionais embarazadas en situacións de incapacidade temporal por continxencia común derivada do embarazo; a garantía do permiso de maternidade de 22 semanas do persoal das listas de contratación (con independencia da duración dos seus contratos ou do número de nomeamentos formalizados); a flexibilidade horaria das traballadoras embarazadas a partir do inicio do terceiro trimestre do seu embarazo, como medida a engadir as existentes de adaptación de postos de traballo; ou recoñecemento administrativo como servizos prestados do período de incapacidade temporal do persoal das listas de contratación tralo pasamento dun/ha fillo/a dentro de un período de 12 meses.

 

Datas exame oposición Enfermería e procesos de estabilización

Tras rematar as negociacións sobre a convocatoria de prazas de difícil coberura co peche de baremacións, e coa que Galicia poderá cubrir dun xeito áxil máis de 400 prazas deste tipo, entre os asuntos de maior relevancia analizados está mañá, destacou que a administración sanitaria informou da celebración dos exercicios de oposición da categoría do persoal de enfermería, cuxa organización está prevista para o vindeiro 25 de xuño de 2023.

Ademais, en canto aos procesos de estabilización mediante concurso de méritos para as categorías do persoal de enfermería e de médicina familiar de atención primaria, na que Galicia será a primeira en resolver estes procesos excepcionais, apuntouse a previsión de publicar as puntuacións provisionais da mesma,  durante a primeira quincena do mes de abril.

Nesta liña, está previsto que o próximo 27 de marzo se publiquen as resolucións polas que se aproban as listas definitivas de baremación das persoas seleccionadas no proceso selectivo de varias categorías de persoal de oficios, facultativo/a especialista de área (cirurxía oral e maxilofacial, cirurxía pediátrica, cirurxía plástica, estética e reparadora, Inmunoloxía e oncoloxía radioterápica); persoal de informática (xestión, técnico/a e especialista); técnico en farmacia, telefonista, terapeuta ocupacional e traballador/a social. Así, abrirase o prazo dun mes para achegar a documentación, con intencion de publicar as prazas ofertadas de seguido, e coa previsión de incorporación do novo persoal fixo de cara ao mes de xuño.

Así mesmo, tamén se adiantou a vindeira publicación da relación provisional de admitidose excluídos do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal sanitario e de xestión e servizos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2023, apertura de negociación das prazas a ofertar, e aprobación da oferta de destinos na categoría de médico de familia de atención primaria.


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.