Galicia formará 2.000 residentes sanitarios durante o 2023/2024

Tras a finalización do proceso extraordinario de elección de prazas de Formación Sanitaria Especializada para o curso 2023, a comunidade galega contará durante o presente ano cun total de 1.977 residentes en formación, ao incorporarse na xornada de hoxe ao Servizo Galego de Saúde, un total de 587 novos residentes.


Sala de prensa Sergas (23/05/2023) 

Tras a finalización do proceso extraordinario de elección de prazas de Formación Sanitaria Especializada para o curso 2023, a comunidade galega contará durante o presente ano cun total de 1.977 residentes en formación, ao incorporarse na xornada de hoxe ao Servizo Galego de Saúde, un total de 587 novos residentes.

Durante o pasado ano, os servizos sanitarios públicos galegos estaban a formar a 1.805 residentes, pertencentes ás diferentes categorías da formación especializada. Neste senso, estes días un total de 415 especialistas remataron o seu ciclo formativo,  dando lugar a un saldo positivo de profesionais, ao ser superior a cifra de novos residentes.

Dos 587 residentes que se incorporan este ano, o Grao en Medicina achegará 454 novos MIR, sendo as especialidades de Medicina Familiar e Comunitaria con 174 prazas -cifra récord no histórico do Sergas-, Pediatría con 27, e Radiodiagnóstico e Anestesioloxía con 20 prazas -cada unha-, ás que máis profesionais acollerán neste 2023. Ademais, tamén se incorporarán 50 especialistas en Enfermería Familiar e Comunitaria.

O xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa, valorou de xeito positivo o incremento de profesionais en formación cos que contará Galicia no presente curso académico, mais lamentou que esta cifra non sexa aínda maior por mor dos criterios establecidos polo Ministerio de Sanidade no eido da Formación Sanitaria Especializada.

Fernández-Campa apuntou que, dentro dun contexto de déficit de profesionais médicos, é preciso que as comunidades autónomas poidan formar o maior número de residentes posible. Así, destacou que Galicia podería formar a un número máis amplo de MIR se desde o Ministerio de Sanidade se tiveran en consideración as propostas achegadas pola Xunta.

En concreto, subliñou que é preciso flexibilizar as condicións das unidades docentes de formación, cuxos criterios actuais limitan o número de centros de saúde galegos que poden formar novos profesionais; apuntou tamén que é necesario modificar o actual sistema de elección de prazas, dado que é un modelo que autolimita a capacidade de elección dos MIR, ao verse obrigados a preelixir todas as prazas; e por último, avogou por suprimir a nota de corte do exame MIR para poder acceder á totalidade dos médicos presentados a este proceso,  servindo o exame unicamente para establecer a orde de elección, e así non para deixar fóra do acceso as prazas de formación especializada -neste ano quedaron máis de 1.000 fóra-.

Por outra banda, salientou a importancia do labor dos titores, xefes de estudo e dos colaboradores docentes, destacando que o seu traballo é fundamental para manter un sistema de formación sanitaria especializada de calidade. Precisamente, abundou Fernández-Campa, poñer en valor o labor destes profesionais é un dos principais obxectivos do Decreto de Ordenación de Formación Sanitaria Especializada en Galicia, que recentemente aprobou o Consello da Xunta.


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.