638 prazas de formación sanitaria especializada en Galicia

Publicado 3 abril 2024. Fonte: Sergas

O Servizo Galego de Saúde ofertará o maior número de prazas de formación sanitaria da historia de Galicia, cun total de 638, destinadas aos profesionais sanitarios con titulación universitaria de Grao/Licenciatura/Diplomatura en Medicina, Farmacia, Enfermería e do ámbito da Psicoloxía, Química, Bioloxía e Física.

Durante o exercicio 2023/2024, a Xunta de Galicia continuará a incrementar o número de prazas ofertadas respecto da convocatoria anterior, ao tempo que consolidará a oferta formativa das especialidades MIR vencelladas á Atención Primaria, así como tamén no que atinxe as especialidades do eido da Saúde Mental.

En concreto, no caso da Medicina Familiar e Comunitaria, durante as últimas catro convocatorias o Executivo galego ofertou a totalidade das prazas acreditadas, rexistrándose un incremento significativo no seu número. Neste senso, se na convocatoria do ano 2006/2007 había un  total de 125 prazas acreditadas e 82 ofertadas (65%), neste exercicio serán 207 as prazas acreditadas, ofertándose o 100%.

Así mesmo, compre destacar que no caso das especialidades relacionadas coa Saúde Mental producirase un incremento do 13% no número de prazas respecto do pasado ano, até acadar un total de 52 prazas. Polo miúdo, serán 17 prazas en Psiquiatría (1 máis que en 2023); 1 en Psiquiatría infantil e da adolescencia, 14 de Psicoloxía clínica (1 máis respecto 2023), e 20 do ámbito da Enfermería especializada en Saúde Mental (4 máis que no anterior exercicio).

Cómpre destacar que a presente  oferta será financiada de xeito integro con recursos da Administración galega, o que suporá un investimento anual de 70 millóns de euros. Así, na convocatoria 2023/24 tamén se ofertan o 100% das prazas acreditadas nas especialidades de Cirurxía Oral e Maxilofacial, Cirurxía Pediátrica, Cirurxía Estética e Reparadora, Endocrinoloxía e Nutrición, Xeriatría, Inmunoloxía, Neurocirurxía, Neurofisioloxía Clínica, Oncoloxía Radioterápica; Radiodiagnóstico, Radiofísica Hospitalaria; Enfermería do Traballo, Enfermería Pediátrica e Enfermería Xeriátrica.

Nestes días, as sete áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde están a levar a cabo xornadas de portas abertas co conxunto de novos profesionais residentes.​


Imprimir  
We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.