RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.
O Sergas publica a relación dos admitidos e os exentos do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario incluidos:
- Enfermeiro/a
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria
- Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrona)
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica
- Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo
Resultaron admitidos, con carácter definitivo, 29.621 aspirantes. A categoría con maior número de aspirantes admitidos é a de técnico en coidados auxiliares de enfermería (9.524), seguida da de enfermería (8.646).
As listas coa relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e as persoas aspirantes exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, atópanse publicadas na web do Servizo Galego de Saúde e o estado de cada solicitude pode ser consultado no Fides/expedient-e (no apartado de “Procesos”).
Habilitouse un enderezo de correo electrónico para dúbidas ou consultas: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

