25 de marzo de 2023 - V Encontro pola Corresponsabilidade, Executivas de Galicia

Congresos y Jornadas Visto: 238

WhatsApp Image 2023 03 10 at 12.03.43

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS

 

Executivas de Galicia organiza o V Encontro pola Corresponsabilidade "Unha mirada hacia aos maiores" que se celebrará por primeira vez na cidade de Ourense.

O encontro terá lugar o 25 de marzo na sede da Confederación de Empresarios de Ourense de 09:30 a 18:00 horas.

O Encontro pola Corresponsabilidade de Executivas de Galicia é un espazo onde se fan achegas multidisciplinares contadas desde todos os campos: social, educativo, económico, xurídico e emocional.

Esta quinta edición está dedicada a identificar as novas necesidades de atención e coidados ás persoas Maiores, ás persoas dependentes e as persoas coidadoras. Atopar e alcanzar solucións idóneas a toda a problemática que xorde ao redor e dar resposta as dúbidas que levan aparelladas.

O encontro contará cun coctel networking onde compartir un espazo de reflexión e coñecemento.

A entrada é gratuíta e está aberta ao público en xeral previa inscrición. Contará con prazas limitadas, polo que para poder participar é obrigatorio inscribirse na ligazón que aparece máis abaixo.

O prazo de inscrición está aberto ata o 22/03/2023 (incluído).
Imprimir