
Curso "Electrocardiografía Básica para Enfermería"
Dende o Colexio Oficial de Enfermaría de Ourense temos o gusto de anunciar a realización da 3ª edición do curso online "Electrocardiografía básica para enfermaría" impartido pola plataforma Campus Cardio, e que terá inicio o vindeiro 3 de abril e finalizará o 8 de maio de 2023 cunha carga de 24 horas lectivas en formato de teleformación a través de 3 bloques estruturados en 8 temas, co temario tanto en formato dixital (PDF) como en formato físico (Libro de texto) con vídeos explicativos de cada unidade.
Entre os obxectivos do curso encóntranse:
- Actualizar coñecementos sobre electrocardiografía para recoñecer as alteracións máis relevantes dun electrocardiograma
- Recoñecer un electrocardiograma normal e establecer a relación entre as diferentes ondas e intervalos coRecoñecer un electrocardiograma normal e establecer a relación entre as diferentes ondas e intervalos coproceso de activación cardíaca.
- Definir o concepto de arritmia cardíaca e entender a importancia da anchura do QRS como elementodiferencial.
- Identificar as arritmias potencialmente graves. Crecemento de cavidades con relevancia clínica.
- Coñecer e diferenciar os diferentes tipos de bloqueos de rama.
- Recoñecer as alteracións relacionadas coa cardiopatía isquémica e a súa diferenciación entre síntomasagudos ou crónicos.
- Diagnóstico diferencial das alteracións da repolarización.
- Identificar patróns electrocardiográficos característicos e de especial relevancia como da síndrome de Brugada,intervalo QT longo, síndrome de Wolff-Parkinson-White, manifestacións electrocardiográficas dahiperpotasemia e o patrón S1 Q3 T3, suxestivo de tromboembolismo pulmonar.
A inscrición no curso ten un custo de 15 € (libro de texto incl.) para @s colexiad@s do COE Ourense -ata un máximo de 50 prazas- para a cal poderá entrar en contacto cas nosas oficinas nos teléfonos 988228417 / 618877011 ou ben no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ata o venres 31 de marzo de 2023.
*Actividade con 4,3 créditos adxudicados polo Sistema Acreditador de Formación Continuada do Servizo Galego de Saúde (SAGa)