A Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo organiza os días 14 e 15 de abril de 2026 as XXIX Xornadas Nacionais e XXII Internacionais da E.U de Enfermaría de Lugo baixo o lema "Enfermaría: a ciencia que abraza".
As xornadas terán lugar o salón de actos do Hospital Universitario Lucus Augusti.
A conferencia inaugural abordará o status micromineral en Galicia como oportunidade e acción en saúde pública e entre as mesas redondas previstas incluiranse temáticas como a enfermaría nas Forzas Armadas e as persoas con TEA no sistema de saúde pública.
Tamén se realizarán talleres prácticos de acceso vascular e monitorización de glucosa en diabetes e durante a primeira xornada contémplase un obradoiro multidisciplinar de voluntariado da USC con estudantado da Facultade de Humanidades, Enfermaría e Asociación Down Lugo: vida independente.
Podes consultar o programa de actividades completo e atoparás máis información sobre a inscripción e plazos na web do Colexio de Enfermería de Lugo.

