"Da vocación ao liderazgo: a enfermaría que ven" é o lema dunha nova edición das Xornadas de Enfermaría da área sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Dende a organización estiman que maís de 300 profesionais, colectivos e asociacións de pacientes se dean cita este ano no Auditorio Municipal de Ourense. Para iso o programa de actividades inclúe conferencias, talleres e mesas redondas dirixidas a promover a excelencia na atención sanitariar e o coidado de pacientes.

As ponencias comenzarán o martes, 12 de maio, a partir das 10:00 horas coa conferencia inaugural de María del Mar Castro Maestre, doutora en Comunicación, que abordará o poder da palabra, e prolongaranse durante toda a xornada ata a conferencia de clausura a cargo do catedrático en Medicina Legal, Ángel Carracedo, ás 19:00 horas que falará sobre o poder da xenética e a investigación. A sesión de tarde comezará cunha mesa redonda que abordará os retos da enfermaría actual (prescripción, investigación, estatuto marco e xestión sanitaria) na que participará a presidenta do Colexio de Enfermería de Ourense, María José Menor.
Podes consultar o programa de ponencias e a inscripción nos talleres que que terán lugar dende o 11 de maio ata o 14 de maio en diferentes ubicacións.

