A Comisión Europea concede o proxecto 'Procure 4 Health' para a creación dunha rede europea de compra pública innovadora no ámbito da saúde

A Comisión Europea acaba de conceder o proxecto 'Procure 4 Health' para a creación dunha rede europea de compra pública innovadora no ámbito da saúde. O Servizo Galego de Sáude xunto coa Axencia Galega de Coñecemento en Saúde forman parte do consorcio do proxecto que está constituído por 32 entidades de toda Europa.

Domingo, 6 de febreiro de 2022.- Servizo Galego de Saúde

O obxectivo do proxecto é crear unha comunidade de compradores e axentes de interese en compra pública innovadora (CPI). A idea é fortalecer a todos os actores involucrados en CPI a través desta rede, enfocándose principalmente nos compradores públicos. O proxecto permitirá tamén analizar as barreiras e necesidades actuais dos compradores, para nunha fase posterior crear e compartir ferramentas para facilitar a CPI para todos os actores involucrados.

Tamén son obxectivos desta rede, sentar as bases para futuros proxectos concretos de contratación de innovación para as necesidades comúns dos distintos compradores do ámbito dá saúde. A idea é que Procure4 Health poida converterse nun mecanismo sostible para a colaboración en futuras adquisicións de innovación, ademais de recompilar os coñecementos de aprendizaxe xerados durante o proxecto e traducilos nun documento de posición sobre políticas de contratación pública e estratexias de contratación de innovación sostible para os responsables políticos europeos.

Xunto ao Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, hai outras 30 entidades que conforman o proxecto, algunhas delas españolas e outras de países como Alemaña, Francia, Noruega, Países Baixos, Bélxica, Suecia, Polonia, Turquía, Reino Unido, Portugal, Italia, Estonia, Grecia e Dinamarca.

O proxecto conta cun orzamento de 5 millóns de euros e está financiado a través de Horizonte Europa, o programa marco de investigación e innovación da Unión Europea para o período 2021-2027.

O Servizo Galego de Saúde premiado en CPI

O Servizo Galego de Saúde continúa da man da Axencia Galega en Saúde a aposta pola compra pública innovadora. A concesión deste proxecto coincide coa recente concesión do I Premio Europeo de Contratación Pública de Innovación do Consello Europeo de Innovación ( EIC).

A concesión deste proxecto xunto co premio europeo é grazas á aposta do Servizo Galego de Saúde desde o ano 2012 pola compra pública innovadora con proxectos como Hospital2050 e Innovasaúde, Código100 e proxectos actualmente en marcha como Innova MicroLab que xorde para encarar un grave problema de saúde existente a nivel mundial como son as resistencias a antimicrobianos; ou o proxecto INNOVATRIAL de creación dun sistema integral para a xestión dos ensaios e estudos clínicos.


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.