Saúde comunitaria para apoiar o primeiro Día Galego sen tabaco promovendo o abandono e educando a pé de colexio

Coincidindo co primeiro Día Galego sen Tabaco a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras organiza unha extensa programación de actividades comunitarias desde Atención Primaria que por medio de charlas, obradoiros e mesas informativas tentarán promover o abandono do tabaco, captando pacientes nos centros de saúde, reforzando os hábitos saúdables e o compromiso de non fumar desde os colexios e coidando a saúde das nais e dos máis cativos libres de fume de tabaco.

 

 Sala de prensa Sergas (30/10/2023). Fotografía: Sala de prensa Sergas

Coincidindo co primeiro Día Galego sen Tabaco a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras organiza unha extensa programación de actividades comunitarias desde Atención Primaria que por medio de charlas, obradoiros e mesas informativas tentarán promover o abandono do tabaco, captando pacientes nos centros de saúde, reforzando os hábitos saúdables e o compromiso de non fumar desde os colexios e coidando a saúde das nais e dos máis cativos libres de fume de tabaco.

No marco do Plan Inspira Saúde en Galicia 2023-28, do plan galego de actuación multidisciplinar en tabaquismo, a Xunta de Galicia designou o 31 de outubro como o Día Galego sen tabaco para promover e concienciar da necesidade de loitar contra o tabaquismo, recoñecido pola comunidade científica como a principal causa de mortalidade prematura e evitable nos países desenvolvidos. O obxectivo do plan é reducir o consumo de tabaco diario na poboación adulta por baixo do 15% no 2027 e nos adolescentes por baixo do 5%.

Na presentación do plan o pasado mes de maio, o conselleiro de sanidade, Julio García Comesaña, sinalou na súa intervención que, na nosa comunidade, a peche do ano 2021, o consumo de tabaco situábase preto do 21% na poboación con 16 e máis anos, e nas persoas de 25 a 44 superaba o 27%, sendo a porcentaxe de poboación que fuma a diario do 16% na franxa de 16 e máis anos, e chegando ao 21% no grupo de 25 a 44.

 

Ampla programación en Ourense

As actividades programadas desde Ourense enmárcase na estratexia integral deste plan en tres formatos -charla, obradoiro ou mesa- destinados a tres perfís moi diferentes: mozos e mozas de de primaria e da ESO; fumadores e fumadoras e mulleres embarazadas ou nais en periodo de lactancia.

Verónica Civeira, supervisora de área de crónicos e responsable da coordinación da actividade comunitaria en atención primaria subliña o interese de intervir nos centros educativos por mor do inicio no tabaquismo cada vez máis temperán -unha media de 14 anos- “queremos facer prevención primaria, para que comprendan a importancia de non fumar e tamén para promover o seu papel de axentes de saúde na casa e na comunidade”, di.

Dunha banda trátase de promover unha cultura de benestar reforzando o compromiso dos alumnos e alumnas de primaria e da ESO, obxectivo dos talleres que se celebrarán mañá nos colexios Luis Vives de A Valenzá, ou nos CEIP Manuel Sueiro, Xuvencos de Boborás, ou no IES número 1 de Carballiño.

As mesas informativas, previstas nos centros de Saúde Novoa Santos, A Valenzá, e nos puntos de vacinación do Hospital Universitario de Ourense, tentarán captar a pacientes fumadores, cun dobre obxectivo, animalos a deixar o hábito e facilitarlles información práctica sobre os recursos dos que dispón no seu centro, tanto a nivel asistencial, con consultas específicas, con persoal médico ou de enfermería, como coa subvención de apoio farmacolóxico.

Asemade, unha das charlas programadas mañá está centrada nas mulleres embarazas ou en período de lactancia, un dos eixos estratéxicos do novo plan galego, polo que na actividade programada pola matrona do Centro de Saúde de Celanova, falarase dos efectos do tabaco no embarazo, tanto para a nai como para o feto; sobre a lactancia materna e a infancia, así como os beneficios de abandoar o hábito.

 

Vapear non é un xogo

Outra das charlas, prevista no Centro Cívico da Ponte, impartida por enfermeiros deste centro de saúde, centrarase na falsa seguridade asignada erroneamente aos dispositivos electrónicos para fumar ou ao vapeo. “Vapear non é ningún xogo”.

Un estudo recollido no Plan inspira subliña a prevalencia de consumo de cigarros electrónicos por parte da poboación galega de 16 a 24 anos no período 2014-2018, periodo no que pasou do 0,8 % (2014) ao 2,1 % en 2018.  Atendendo á idade, en Galicia a prevalencia de consumo máis alta atópase no segmento dos 17 anos, idade nos que o 47 % refire ter empregado estes dispositivos.

A programación desenvolvida co gallo do primeiro Día Galego sen Tabaco, servirá para avaliar as distintas iniciativas de cara a incluilas e extendelas a outros centros de saúde, no marco da programación anual tendo en conta a negativa influencia do tabaquismo na saúde.

 

WhatsApp Image 2023 10 31 at 09.45.38 11zon


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.