Ourense, 1 febrero 2024. Os catro colexios profesionais de enfermería de Galicia, aos que se suma AGEFEC, Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria, únense para reclamar a reclasificación profesional das enfermeiras e enfermeiros galegas no grupo A1.
A través dunha carta dirixida ao Conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, destacan a "necesidade de abordar un tema de vital importancia para o recoñecemento da profesión". A nova clasificación é unha reivindicación histórica do colectivo, "é o recoñecemento da calificación, complexidade e valía da labor realizada polo colectivo de enfermería como primeira barreira de defensa da sanidade e ben público".
Na actualidade, os membros do colectivo enfermeiro pertencen ao grupo A2, malia que cumpren os requisitos para estar adscritos ao grupo A1: titulación académica e grao de responsabilidade.
A reclasificación ao grupo A1 recoñece o nivel académico das enfermeiras, a súa responsabilidade na atención sanitaria e a súa contribución esencial ao sistema de saúde trala entrada en vigor do Plan Bolonia.
Neste sentido, as enfermeiras galegas, en sintonía coas peticións elevadas polo Consello General de Enfermería (CGE) diante do Ministerio de Sanidade, reclaman que a proposta sexa considerada de urxencia pola Consellería de Sanidade para abordar este dereito dos profesionais de enfermería de forma que eleven a petición a nivel estatal "liderando unha demanda que afecta e preocupa ao colectivo en toda España".
O escrito recolle tamén a postura dos órganos colexiais galegos ante a posible creación dun grupo A1+ polos mismo méritos de formación e asunción de responsabilidade. "Entendemos que as enfermeiras especialistas deben ser incluidas nesa reclasificación" de chegar a producirse.
A carta foi asinada por Inés López Carral, presidenta do Colexio da Coruña; Lourdes Bermello López, presidenta do Colexio de Lugo; Ascensión Pérez Sampayo, presidenta do Colexio de Ourense; María Sol Montenegro Alonso, vicepresidenta do Colexio de Pontevedra e Gemma Rodríguez Álvarez, presidenta de AGEFEC.