19 de xuño - Carreira e Andaina Solidaria Camiñando #PoloDanoCerebral

FEGADACE organiza o 19 de xuño en Compostela a Carreira e Andaina Solidaria Camiñando #PoloDanoCerebral. Un percorrido pola Alameda e polo Campus Sur para sensibilizar sobre a prevención do dano cerebral adquirido e concienciar da necesidade de levar uns hábitos de vida saudable.

Para garantir que todo o mundo poida practicar exercicio, existe a posibilidade de inscribirse na carreira (5 km, 12 euros, inicio ás 10:00) ou na andaina (5 km, 6 euros, inicio ás 11:00). E para as persoas solidarias que non poidan asistir, habilitamos unha canle de doazón a través do Dorsal Cero. Xestiónase todo a través de www.carreirasgalegas.com.

image001


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.