A Xunta estenderá o sistema XIDE para axilizar a citación e ofrecer consultas máis resolutivas na Atención Primaria

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou hoxe o centro de saúde Illas Canarias, onde presentou os resultados da iniciativa piloto XIDE, posta en marcha en atención primaria en novembro do pasado ano polo Executivo galego, co obxectivo de axilizar a citación e ofrecer consultas máis resolutivas. Este sistema, -tal e como anunciou o conselleiro-, a Xunta o estenderá a máis modalidades, deseñando un XIDE específico para pediatría e para máis servizos. De xeito inmediato estenderase aos 14 servizos que onte asinaron os seus Plans locais de saúde e a intención da Xunta é tentar buscar o máximo consenso para elo, e levalo ao resto de servizos neste ano.

Sala de prensa do Sergas (22/02/2022). Fotografía de portada: Sala de prensa Sergas.

​O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou hoxe o centro de saúde Illas Canarias, onde presentou os resultados da iniciativa piloto XIDE, posta en marcha en atención primaria en novembro do pasado ano polo Executivo galego, co obxectivo de axilizar a citación e ofrecer consultas máis resolutivas. Este sistema, -tal e como anunciou o conselleiro-, a Xunta o estenderá a máis modalidades, deseñando un XIDE específico para pediatría e para máis servizos. De xeito inmediato estenderase aos 14 servizos que onte asinaron os seus Plans locais de saúde e a intención da Xunta é tentar buscar o máximo consenso para elo, e levalo ao resto de servizos neste ano.

Grazas ao XIDE, -sinalou o conselleiro-, “imos poder axilizar as consultas porque poderemos evitar duplicidades de citas ou consultas que acaban derivando a outro profesional máis indicado. XIDE indica un camiño directo cara á consulta máis resolutiva e que máis se axusta á necesidade do paciente”.

Tal e como destacou o conselleiro, o departamento sanitario galego detectou, con esta pilotaxe, que ao redor do 50% das consultas non programadas que entran cada día nun centro de saúde non requiren necesariamente a intervención dun médico; que case un 30% poden ser atendidas de xeito directo por persoal de enfermaría e outro 15% por categorías como o farmacéutico de atención primaria, o traballador social, o odontólogo ou o propio persoal administrativo. Isto nos obriga, -remarcou o conselleiro-, a organizar os servizos de primaria doutro xeito, a través das novas carteiras de servizos das categorías que foi aprobando o Consello Técnico de Atención Primaria e cos Plans Locais de Saúde, como os asinados onte, que definen un programa coordinado de acción entre todos os profesionais do centro.

Tamén detectouse na iniciativa piloto que máis da metade das demandas que entran sen previo aviso no centro de saúde non necesitan dunha resposta inmediata ou no día, senón que poden ser programadas no próximo oco dispoñible do profesional. Isto trae como consecuencia, -proseguiu o conselleiro-, que fagamos outra xestión das axendas, tal e como está a realizar o Sergas coa implantación das axendas de calidade para todas as categorías profesionais, e que xa están en marcha en medicina de familia e enfermaría.

Así mesmo, García Comesaña remarcou como outro dos resultados da pilotaxe a comprobación de que os primeros postos entre os motivos de consulta para o persoal médico eran actos sanitarios cun carácter máis burocrático, como a xestión de incapacidades temporais ou a elaboración de informes médicos ou automatizables ou derivables a técnicos de saúde. A tal efecto, entre as medidas levadas a cabo pola Xunta destacou que onte comezaron a traballar de xeito centralizado os primeiros técnicos de saúde contratados polo Sergas para realizar tarefas de apoio aos médicos do primeiro nivel asistencial

En definitiva, -dixo o conselleiro-, “o XIDE deunos moita información para emprender outras reformas pero tamén é unha reforma en sí mesmo no xeito de xestionar a demanda nos centros”. Trátase, pois, dun sistema deseñado por profesionais sanitarios que axuda ao persoal administrativo a orientar ao paciente cara ao profesional que mellor pode resolver a súa demanda.

Novo modelo de atención primaria

Tal e como destacou o titular da carteira sanitaria na súa intervención, a Xunta leva tempo desenvolvendo un novo modo de entender a atención primaria cos técnicos de saúde, cos plans locais de saúde, ou coa plataforma CRM100 que permite que haxa centros que devolvan no día o 99% das chamadas recibidas nun tempo medio de 45 minutos. Tamén remarcou outras iniciativas tomadas polo Goberno galego como a creación da nova categoría de facultativos especialista en primaria, un total de 106 prazas, e outras reformas xa sinaladas como as novas carteiras de servizos ou as axendas de calidade.

Para o conselleiro, a situación complexa que atravesa a atención primaria “necesita de solucións valentes e creativas que rompan inercias e formulen xeitos distintos de facer as cousas”.

En paralelo a estas medidas organizativas, o conselleiro destacou o incremento en materia de recursos humanos e de equipamento tecnolóxico. No que a Lugo respecta, en materia de recursos humanos, e en cumprimento do Plan galego de atención primaria 2019-21, creáronse, nestes últimos tres anos, 18 novas prazas nos centros de saúde desta cidade. No apartado de equipamento tecnolóxico, e co obxectivo de facer máis resolutiva a atención primaria, nos últimos dous anos os centros de saúde da cidade de Lugo recibiron equipos por un importe superior aos 160.000 euros.

Tamén remarcou García Comesaña que, no Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria, aprobado pola Xunta a finais do pasado ano, a cidade de Lugo ten un papel destacado coa reforma do centro de saúde da Milagrosa, a construción dun novo centro no barrio do Sagrado Corazón, ou a reforma do centro de saúde da Praza de Ferrol.

No acto de hoxe, no que estiveron presentes o delegado territorial da Xunta Javier Arias; o xerente da área sanitaria, Ramón Ares; e a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Estrella López-Pardo, tamén interviñeron a xefa de servizo co centro de saúde, Sofía López, que remarcou que o XIDE é un programa útil porque da seguridade no que é a priorización de consultas e homoxeiniza a atención de todos os profesionais; e Pablo Martínez, profesional de servizos xerais do centro de saúde, quen sinalou que o XIDE é unha ferramenta que axuda a xestionar as citas, rachando coa forma tradicional e dándonos a pauta para saber que profesional vai atender a consulta de modo máis eficiente.


Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.