A Xunta da por finalizadas as obras de reforma do centro de saúde de Ribadavia iniciadas no 2022 cunha superficie de actuación de 2.800 metros cadrados e nas que se investiron case 700.000 €, o que o converte nun referente e modelo de edificio eficiente enerxeticamente.
Sala de prensa Sergas (03/02/2021) Fotografía: Sala de prensa Sergas
A Xunta da por finalizadas as obras de reforma do centro de saúde de Ribadavia iniciadas no 2022 cunha superficie de actuación de 2.800 metros cadrados e nas que se investiron case 700.000 €, o que o converte nun referente e modelo de edificio eficiente enerxeticamente.
O obxectivo principal da reforma do centro de saúde de Ribadavia foi a rehabilitación e a actualización da envolvente térmica do edificio, o que redundará no confort cando traballadores e usuarios estean no interior. Levouse a cabo o seu illamento térmico integral, instalando un sistema que mellore a eficiencia enerxética do edificio. Procedeuse á substitución total da cuberta, incluída a estrutura, substituíndo as chapas metálicas por paneis sándwich con illamento térmico no seu interior; e, tamén, os pechamentos verticais, polo que se cambiaron as carpinterías exteriores por unhas ventás con persianas e vidros dobres baixo emisivos e se aplicou un sistema de illamento térmico exterior.
Así mesmo, realizouse o relevo das lamas de protección solar por uns perfís de aluminio de sección elíptica, que permitan unha maior visibilidade exterior sen reducir o control solar, e mantendo a imaxe horizontal do edificio. Aproveitouse esta intervención para pintar o interior e para unha reforma integral dos aseos do baixo, primeiro e segundo piso, xa que non había aseos accesibles.
Renovación de infraestruturas de atención primaria
Dende o ano 2009, a Xunta de Galicia construíu ou reformou un total de 109 centros de saúde, o que supuxo actuar sobre máis de 75.000 metros cadrados. A eles hai que engadir as catro que están en marcha (Lugo, Lalín, Arnoia e Porriño). En total, a Administración autonómica investiu, nestes 12 anos, máis de 120 millóns de euros en infraestruturas sanitarias de atención primaria.