O Grupo Social Once Galicia galardoa co Premio Solidarios á Axencia de Doazón de Órganos e Sangue na categoría de estamento da administración pública

​A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) recibirá, o vindeiro 5 de outubro, o premio “Solidarios” na categoría de Estamento da Administración Pública que outorga o Grupo Social ONCE de Galicia. 

 


Sala de prensa Sergas (31/07/2023) Fotografía: Sala de prensa Sergas


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) recibirá, o vindeiro 5 de outubro, o premio “Solidarios” na categoría de Estamento da Administración Pública que outorga o Grupo Social ONCE de Galicia. 

O xurado fixo pública a súa decisión o pasado venres e salienta o labor desenvolvido pola Axencia, no trinta aniversario da posta en funcionamento das campañas de doazón en unidades móbiles na nosa comunidade, destacando as máis de tres millóns de doazóns realizadas pola cidadanía galega neste período.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere amosar o seu agradecemento ao Grupo Social ONCE Galicia, e aos membros do xurado, a selección de ADOS como galardoado na presente edición destes prestixiosos recoñecementos. Así mesmo, quere facer extensiva esta distinción a todos e cada unha das persoas que teñen doado sangue ao longo destas tres décadas xa que, sen eles, sería imposible levar a cabo o labor da Axencia.

Información e participación

O xurado da presente edición dos premios “Solidarios” salientou que o labor informativo desenvolvido por ADOS, sensibilizando á poboación acerca da vital importancia da doazón de sangue, e o acceso a este xesto solidario, mediante o incremento das facilidades dadas para poder doar, teñen sido os dous eixes fundamentais que permitiron incrementar, de forma significativa, a taxa de doazón de sangue en Galicia.

Neste sentido, a Axencia lembra que, todos os días do ano, resulta preciso obter entre 400 e 500 doazóns de sangue para garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos hospitais galegos. Esta cifra non diminúe nos meses de verán polo que ADOS está a desenvolver unha campaña especial de doazón no período estival co obxectivo de facilitar a participación da cidadanía.

Imprimir  
Usamos cookies

Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su consentimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas a las de OCE OURENSE que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos.